Skip to Content

Actividades

SAMAÍN ESTÁ AÍ! Concurso de Microrrelatos de medo.


 

II CARREIRA DE ORIENTACIÓN : EUROCIDADE TUI-VALENÇA


 

FALADOIRO: 2ª Carreira Internacional de Orientación Eurocidade Tui-Valença

 

Esta mañá, Ricardo Figueroa, do Club AROMON e da man do Concello de Tui e Câmara Municipal de Valença, ofreceu faladoiros a todo o noso alumnado de 1º a 3º da ESO co gallo da 2ª Proba de Orientación a Pé na Eurocidade Tui-Valença.

 

Casi todxs xa coñecen este deporte polo que de seguro que tanto o profesorado, o alumnado como as familias participantes pasarán un día divertido con dous mapas na man buscando balizas pola fortaleza de Valença (10.30h) e polas rúas vellas de Tui (16.30h).

 

Toda a info a tendes no seguinte:

https://aromon.es/inscripciones/eurocidade2019

 e no boletín informativo adxunto (ou premendo aquí)

 

 

 

I CONCURSO INXENIO MATEMÁTICO

Case unha veintena de equipos desde 1º a 4º de ESO veñen de participar no I Concurso de Inxenio Matemático.

O bo ambiente e o traballo en equipo fixo subir o nivel deste concurso cun  alumnado moi entregado e infinitas gañas de participar e queimar neuronas.

Parabéns rapaces e rapazas!!!

Mañá, no 1º Recreo: OS PREMIOS!!!!!!!

EQUIPO CADETE MASCULINO participará no CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ORIENTACIÓN A PÉ


 

A Participación do noso alumnado no Campionato Galego de Orientación a Pé o pasado mes de maio en Cenlle (OU) foi todo un éxito.

E a recompensa chega coa clasificación do equipo cadete masculino para participar no Campionato de España de Centros Escolares que terá lugar en decembro por terras extremeñas.

Os outros tres equipos o fixeron igualemnte ben e estiveron ás portas da clasificación pero desta vez non puido ser.

Damos os Parabéns a DAVID, BELTRÁN, XOÁN E IAGO (3º de ESO) e ao resto da expedición orientadora do IES.

Sodes moi grandes e facedes máis grande este instituto!!

 

 

Sorteo rifas SAÍDA DIDÁCTICA LISBOA 19

Recordamos que mañá (27 de maio) remata o prazo para reclamar a TABLET do sorteo das rifas para axuda á

VIAXE DIDÁCTICA A LISBOA ´19

[Estamos no IES ata as 18.00h.]

 

 

Moitas grazas por colaborar -unha vez máis- co alumnado na financiación desta viaxe.

Sorte!

FARO DE VIGO: Unión léxica entre Tui y Valença

Aproveitando a saída polo Día Internacional da Bicicleta e pasando pola Ponte Internacional, o grupo de traballo Erasmus+ promoveu unha nova iniciativa co alumnado, a Cámara de Valença e o Concello de Tui: TENDEMOS PONTES!

(para ler a nova do periódico preme na imaxe)

Campionato Galego de Orientación a Pé: IES SAN PAIO SUBCAMPIÓN de Centros Escolares!

O pasado sábado 4 de maio un xenial equipo de rapaces e rapazas do noso IES participaron no Campionato Galego en idade escolar. Corroboramos, un ano máis, que neste centro hai madeira -e da boa!- porque sen apenas entreno nin máis coñecemento que algunhas probas ás que asistimos, o equipo quedou nun moi honorable 2º posto e a piques de clasificarse para o Campionato de España.

Parabéns EQUIPO polo éxito, polo bo ambiente creado e por animarvos e apoiarvos uns de outrxs. Iso é xogo limpo e compañerismo.

A grazas á profe Amparo por acompañarnos. ;)

Distribuir contido


by Dr. Radut