Skip to Content

Benvida

Benvidos á páxina web do IES San Paio

Dámosvos a benvida á páxina web do noso centro. Nela atoparedes, a través das distintas seccións, toda a información referente ao IES San Paio. Un Instituto de Educación Secundaria no que convivimos máis de seiscentos alumnos/as, algo máis de medio cento de profesores/as e dez membros de persoal non docente, e cunha zona de influenza que se estende desde o casco urbán de Tui ás parroquias de Areas, Malvas, Pexegueiro, Pazos de Reis e Randufe, cos seus respectivos colexios adscritos (Nº1, Nº2, Randufe e Pazos de Reis).

Agardamos que este sexa un lugar de encontro e de servizo para toda a comunidade educativa do noso instituto e convidámosvos a navegar pola web segundo os vosos intereses e roles.

Nalgunhas seccións da mesma atoparedes opcións útiles para interaccionar ou mantervos informados. Así:

  • Na sección Centro, dispoñedes dunha Caixa de suxestións desde a cal facer as vosas achegas.
  • Na sección Secretaría, atoparedes información e impresos de uso habitual pero tamén a posibilidade de xestionar a solicitude de certificados varios en calidade de antigo alumnado.
  • Na sección Curso Actual, o calendario do curso, o persoal docente ou os horarios de titorías.
  • Na sección Departamentos, atoparedes as programacións didácticas, a atención a alumnado con materias pendentes ou o profesorado que os integra.
  • E nas seccións do lateral dereito, poderedes consultar en liña os eventos ou actividades que temos programadas (premendo nos días marcados no calendario mensual interactivo), ver as imaxes das moitas saídas didácticas realizadas (no noso perfil de Instagram), accederes aos contidos e accións da Biblioteca ou coñecer o traballo que desenvolvemos nos diferentes Clubes, na Radio, desde Dinamización lingüística, en Orientación ou na Inmersión lingüística para alumnado estranxeiro. Sen esquecer o contacto coa nosa ANPA.

Desexamos que vos resulte atractiva, intuitiva e útil, e que sexa punto de encontro de toda a comunidade educativa do noso IES.

Data: 
Ven, 09/12/2022 - 08:00
Distribuir contido


by Dr. Radut