Skip to Content

Plans e proxectos

Plans e proxectos

No IES San Paio vimos traballando con diversos plans e proxectos para adaptarnos ás novas metodoloxías, á nova lexislación e moi especialmente ás necesidades do noso alumnado.

  • Proxecto E-Dixgal. Implementado en toda a etapa da ESO, nas seguintes materias, nas que se traballa prioritariamente nun entorno virtual de aprendizaxe:
    • 1ESO: Bioloxía e Xeoloxía, Educación Física, EPV, L. Castelá, L. Galega, Matemáticas, Tecnoloxía e 2ª lingua extraxeira Francés.
    • 2ESO: Educación Física, Física e Química, L. Castelá, L. Galega, Matemáticas, Música, Tecnoloxía e 2ª lingua estranxeira Francés.
    • 3ESO: Bioloxía e Xeoloxía, Economía, Educación Física, IAAE, L. Castelá, Matemáticas académicas, Matemáticas aplicadas e 2ª lingua estranxeira (Francés).
    • 4ESO: Bioloxía e Xeoloxía, Economía , Educación Física, IAAE, L. Castelá, Matemáticas académicas, Matemáticas aplicadas e 2ª lingua estranxeira Francés.  
  • Seccións Bilingües. Na materia de Educación Física de 3º ESO e de 4º ESO, ambas impartidas en inglés. Grazas á participación do IES neste programa, contamos tamén cunha persoa Auxiliar de Conversa con horario completo, colaborando no desenvolvemento das competencias en inglés de gran parte do noso alumnado.
  • PLAMBE. Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares para o impulso e desenvolvemento de proxectos de, para e desde a nosa biblioteca escolar.
  • Clubes de lectura. No IES contamos con varios clubes para o fomento da lectura, orientados tanto a alumnado como á comunidade educativa.
  • Radio na biblio, para a introdución da radio e a súa utilización como recurso didáctico no contexto das bibliotecas escolares.
  • Plan Dixital de centro. Un plan para conseguir a plenta transformación tecnolóxica dos centros antes de 2030.
  • Plan de Formación Permanente do Profesorado. O profesorado do IES está en formación continua a través de seminarios e grupos de traballo cos que pretendemos dar resposta ás necesidades de actualización e perfeccionamento das competencias profesionais docentes, cos seguintes itinerarios formativos en vigor neste curso 2023/24:
    • A nosa biblioteca: centro creativo das aprendizaxes (competencia didáctica).
    • Aprendizaxe Cooperativa no IES San Paio (competencia didáctica).
    • Prácticas restaurativas e educación emocional (competencia en educación inclusiva e coeducación).
    • Plan Dixital e recursos E-Dixgal no IES San Paio (competencia dixital).
    • Polos Creativos (competencia didáctica).
Distribuir contido


by Dr. Radut