A Orde de 21 de outubro de 2022 regula o novo proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2024/25, co seguinte calendario:
- Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024: prazo de reserva para o alumnado que finaliza etapa nun centro adscrito e pasa a outro.
- 22 de febreiro de 2024: publicación da listaxe de alumnado con posto reservado.
- Antes do 1 de marzo: sorteo público para os efectos de desempate.
- Do 1 ao 20 de marzo de 2024: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que se incorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria.
- 25 de abril de 2024: publicación da listaxe provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións a partir do día seguinte da súa publicación.
- 15 de maio de 2024: publicación da listaxe definitiva de admitidos.
- 23 de xuño a 7 de xullo de 2023: unha vez admitido, prazo de formalización de matrícula.
A continuación, exponse TODA A INFORMACIÓN DO PROCEDEMENTO, tal e como se establece na Orde, e que tamén pode consultarse no taboleiro da Secretaría do centro ou na aplicacion admisiónalumnado:
- Normativa. O procedemento de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos regúlase na Orde de 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Prazo de presentación das solicitudes de reserva de praza: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024 para o alumnado que finaliza etapa nun centro ou colexio adscrito e pasa a outro, tendo que presentar a solicitude de reserva de praza, o que se pode facer:
- a través da aplicación informática admisiónalumnado,
- a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,
- ou ben cubrindo o impreso de solicitude e presentándoo físicamente e en prazo na Secretaría do centro.
- O alumnado que xa está no IES San Paio ten garantida a súa permanencia nel e non ten que solicitar reserva de praza cada ano.
- Data de publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: 22 de febreiro.
- Prazo de presentación das solicitudes de admisión: para o resto do alumnado, do 1 ao 20 de marzo. INFORMACIÓN A COÑECER PREVIAMENTE:
- O alumnado que xa cursa estudos no centro ten garantida a permanencia. En caso de presentar a solicitude noutro centro, debe comunicalo.
- Todo o alumnado poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar. Unha vez presentada unha solicitude, para renunciar a ela deberá facerse expresamente indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude a presentar.
- O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito (no que está matriculado nese momento), e identificará o centro de adscrición que solicita.
- En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da Orde que o regula.
- Formalización e presentación da solicitude de admisión e a documentación. Pode facerse:
- Cubrindo directamente o impreso de solicitude de admisión ou creándoo a través da aplicación admisiónalumnado, a través do menú Solicitudes, Admisión, Crear solicitude de admisión. Feito iso, débese:
- Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo escollido en primeiro lugar.
- Ou ben, se dispoñen de certificado dixital, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.
- Xunto coa solicitude debe entregarse tamén:
- Fotocopia do DNI do alumno/a.
- Renda anual per cápita da unidade familiar (debe estar cuberto o apartado na solicitude. Só é necesario presentar documentación no caso de non consentir a consulta).
- Certificado de convivencia.
- Para Bacharelato: certificación académica.
- E, de ser o caso, debe acompañarse de:
- Certificado ou comprobación de irmás/áns matriculadas/os no centro.
- Certificado de nai, pai ou titor/a legal traballador do centro.
- Certificado da empresa por proximidade do centro ao lugar de traballo das/dos nais/pais ou titoras/es legais
- Certificado de familia numerosa ou condición de familia monoparental.
- Certificado de discapacidade da alumna ou alumno ou membro da unidade familiar.
- Certificado de nacemento de irmáns por parto múltiple.
- Sentencia acreditativa de vítima de violencia de xénero ou vítima de terrorismo.
- Resolución da sentencia de separación.
- Prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados: 10 días hábiles a partir do 21 de marzo.
- Data de publicación das listaxes de alumnado admitido e non admitido: as listaxes serán publicadas no taboleiro da Secretaría do centro, podendo consultarse tamén a información a través de Chave 365.
- Listaxe provisional: 25 de abril.
- Prazo para formular reclamación: nos cinco días hábiles seguintes.
- Listaxe definitiva: 15 de maio.
- Segundo o artigo 36 da Orde, contra a listaxe definitiva, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
- Prazo para formalizar a matrícula: para todo o alumnado, do 23 de xuño ao 7 de xullo de 2024.
- Centros adscritos:
- CEIP Nº1
- CEIP Nº2
- CEIP Pazos de Reis
- CEIP Randufe
- Área de influenza do centro: é o casco urbán e parroquias de Randufe, Pazos de Reis, Areas, Pexegueiro e Malvas. En Bacharelato, todos os alumnos do concello teñen a mesma puntuación cando opten a prazas de admisión.
- Servizo de transporte. Regulado pola Instrución conxunta 1/2022. Os alumnos que vivan a máis de dous quilómetros do centro, na súa área de influenza, teñen un servizo de transporte escolar gratuíto mentres estean escolarizados na ESO. O alumnado que obteña praza nun centro distinto ao que lle corresponda, segundo as áreas de influenza, non terá dereito a este servizo complementario. O alumnado que curse bacharelato poderá usar o transporte sempre que haxa prazas libres dispoñibles (máis información na web do centro, na sección Secretaría, Transporte). O instituto ten catro itinerarios que cobren as áreas de influenza adscritas ao noso centro:
LIÑA |
ITINERARIO |
HORA DE INICIO |
XG85900701 |
FRINXO, CIRCOS, EIRADO, SEIXAL, VIRXE DO CAMIÑO, TUI (MAGNOLIA), MERCADO DE ABASTOS, IES SAN PAIO |
07.55 H |
XG85900901 |
RANDUFE CRUZ, RANDUFE COLEXIO, CRUCEIRO DO MONTE, CEIP DE RANDUFE, IES SAN PAIO |
08.25 H |
XG85901601 |
VILAPOUCA, SAÍDES, ANTA ARRIBA, ANTA ABAIXO, CRUCE SOBRADA, TOXEIRA, REGUEIRO (AREAS), GAIOS, SAN MARTIÑO (GADIS), IES SAN PAIO |
08.05 H |
XG85902201 |
ROTONDA GUILLAREI, SOUTO III, SAMBADE, CRUZ, DEVESA ARRIBA, DEVESA ABAIXO, IGREXA MALVAS, PADERNE, VILANOVA, IGREXA PEXEGUEIRO, FONTESECA, PARADOR, MARCO, IES SAN PAIO |
07.48 H |
- Matrícula subsidiaria. A matrícula para os postos escolares adxudicados subsidiariamente, farase logo de celebrada a comisión de escolarización, a partir do 10 de xullo.
- A admisión e posterior matriculación no centro educativo implicará respectar o proxecto educativo, así como as normas de organización e funcionamento do mesmo.
- Máis información: na aplicación admisiónalumnado poderá consultarse:
- o cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.
- A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.
- A relación do alumnado de cada curso, co número de solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.
- O estado de tramitación da solicitude presentada, utilizando o número da mesma e o número de DNI da persoa solicitante.
- A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e a Chave365.
A dirección.