Skip to Content

Proceso de Admisión Curso 2023/24

Orde de 21 de outubro de 2022 regula o novo proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2023/24, co seguinte calendario:

  • Do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2023: prazo de reserva para o alumnado que finaliza etapa nun centro e pasa a outro.
  • 22 de febreiro de 2023: publicación da listaxe de alumnado con posto reservado.
  • Antes do 1 de marzo: sorteo público para os efectos de desempate.
  • Do 1 ao 20 de marzo de 2023: prazo de solicitude de reserva para o alumnado que se incorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria.
  • 25 de abril de 2023: publicación da listaxe provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións a partir do día seguinte da súa publicación. 
  • 15 de maio de 2023: publicación da listaxe definitiva de admitidos.
  • 23 de xuño a 7 de xullo de 2023: unha vez admitido, prazo de formalización de matrícula.

A continuación, exponse TODA A INFORMACIÓN DO PROCEDEMENTO, tal e como se establece na Orde, e que tamén pode consultarse no taboleiro da Secretaría do centro ou na aplicacion admisiónalumnado: 

  • NormativaO procedemento de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos regúlase na Orde de 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Prazo de presentación das solicitudes de reserva de praza: do 14 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2023 para o alumnado que finaliza etapa nun centro ou colexio adscrito e pasa a outro, tendo que presentar a solicitude de reserva de praza, o que se pode facer:
    • a través da aplicación informática admisiónalumnado,
    • a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,
    • ou ben cubrindo o impreso de solicitude e presentándoo físicamente e en prazo na Secretaría do centro.
    • O alumnado que xa está no IES San Paio ten garantida a súa permanencia nel e non ten que solicitar reserva de praza cada ano
  • Data de publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: 22 de febreiro.
  • Prazo de presentación das solicitudes de admisión: para o resto do alumnado, do 1 ao 20 de marzo. INFORMACIÓN A COÑECER PREVIAMENTE:
    • O alumnado que xa cursa estudos no centro ten garantida a permanencia. En caso de presentar a solicitude noutro centro, debe comunicalo.
    • Todo o alumnado poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar. Unha vez presentada unha solicitude, para renunciar a ela deberá facerse expresamente indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude a presentar.
    • O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito (no que está matriculado nese momento), e identificará o centro de adscrición que solicita.
    • En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da Orde que o regula.
  • Formalización e presentación da solicitude de admisión e a documentación. Pode facerse:
    • Cubrindo directamente o impreso de solicitude de admisión ou creándoo a través da aplicación admisiónalumnado, a través do menú Solicitudes, Admisión, Crear solicitude de admisión. Feito iso, débese:
      • Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo escollido en primeiro lugar.
      • Ou ben, se dispoñen de certificado dixital, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.
    • Xunto coa solicitude debe entregarse tamén:
      • Fotocopia do DNI do alumno/a.
      • Renda anual per cápita da unidade familiar (debe estar cuberto o apartado na solicitude. Só é necesario presentar documentación no caso de non consentir a consulta).
      • Certificado de empadroamento.
      • Para Bacharelato: certificación académica.
    • E, de ser o caso, debe acompañarse de:
      • Certificado ou comprobación de irmás/áns matriculadas/os no centro.
      • Certificado de nai, pai ou titor/a legal traballador do centro.
      • Certificado da empresa por proximidade do centro ao lugar de traballo das/dos nais/pais ou titoras/es legais
      • Certificado de familia numerosa ou condición de familia monoparental.
      • Certificado de discapacidade da alumna ou alumno ou membro da unidade familiar.
      • Certificado de nacemento de irmáns por parto múltiple.
      • Sentencia acreditativa de vítima de violencia de xénero ou vítima de terrorismo.
      • Resolución da sentencia de separación.
  • Prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados: 10 días hábiles a partir do 21 de marzo.
  • Data de publicación das listaxes de alumnado admitido e non admitido: as listaxes serán publicadas no taboleiro da Secretaría do centro, podendo consultarse tamén a información a través de Chave 365.
    • Listaxe provisional: 25 de abril.
    • Prazo para formular reclamación: nos cinco días hábiles seguintes.
    • Listaxe definitiva: 15 de maio
    • Segundo o artigo 36 da Orde, contra a listaxe definitiva, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
  • Prazo para formalizar a matrícula: para todo o alumnado, do 23 de xuño ao 7 de xullo de 2023
  • Centros adscritos: 
    • CEIP Nº1
    • CEIP Nº2
    • CEIP Pazos de Reis
    • CEIP Randufe
  • Área de influenza do centro: é o casco urbán e parroquias de Randufe, Pazos de Reis, Areas, Pexegueiro e Malvas. En Bacharelato, todos os alumnos do concello teñen a mesma puntuación cando opten a prazas de admisión. 
  • Servizo de transporte. Regulado pola Instrución conxunta 1/2022Os alumnos que vivan a máis de dous quilómetros do centro, na súa área de influenza, teñen un servizo de transporte escolar gratuíto mentres estean escolarizados na ESO. O alumnado que obteña praza nun centro distinto ao que lle corresponda, segundo as áreas de influenza, non terá dereito a este servizo complementario. O alumnado que curse bacharelato poderá usar o transporte sempre que haxa prazas libres dispoñibles (máis información na web do centro, na sección Secretaría, Transporte). O instituto ten catro itinerarios que cobren as áreas de influenza adscritas ao noso centro: 
LIÑA ITINERARIO HORA DE INICIO
XG85900701 FRINXO, CIRCOS, EIRADO, SEIXAL, VIRXE DO CAMIÑO, TUI (MAGNOLIA), MERCADO DE ABASTOS, IES SAN PAIO 07.55 H
XG85900901 RANDUFE CRUZ, RANDUFE COLEXIO, CRUCEIRO DO MONTE, CEIP DE RANDUFE, IES SAN PAIO 08.25 H
XG85901601 VILAPOUCA, SAÍDES, ANTA ARRIBA, ANTA ABAIXO, CRUCE SOBRADA, TOXEIRA, REGUEIRO (AREAS), GAIOS, SAN MARTIÑO (GADIS), IES SAN PAIO 08.05 H
XG85902201 ROTONDA GUILLAREI, SOUTO III, SAMBADE, CRUZ, DEVESA ARRIBA, DEVESA ABAIXO, IGREXA MALVAS, PADERNE, VILANOVA, IGREXA PEXEGUEIRO, FONTESECA, PARADOR, MARCO, IES SAN PAIO 07.48 H

 

  • Matrícula subsidiaria. A matrícula para os postos escolares adxudicados subsidiariamente, farase logo de celebrada a comisión de escolarización, a partir do 10 de xullo.
  • A admisión e posterior matriculación no centro educativo implicará respectar o proxecto educativo, así como as normas de organización e funcionamento do mesmo.
  • Máis información: na aplicación admisiónalumnado poderá consultarse:
    • o cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.
    • A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.
    • A relación do alumnado de cada curso, co número de solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.
    • O estado de tramitación da solicitude presentada, utilizando o número da mesma e o número de DNI da persoa solicitante.
    • A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e a Chave365. 

 

A dirección.

Data: 
Sáb, 14/01/2023 - 04:00


page | by Dr. Radut