Skip to Content

Proceso de Admisión Curso 2022/2023

  • NormativaO procedemento de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos regúlase na Orde do 12 de marzo de 2013, modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017, pola Orde do 18 de decembro de 2020, e pola Orde do 3 de febreiro de 2022.
  • Oferta de postos escolares. Premer aquí.
  • Prazo de presentación.
    • Reserva de Praza: o alumnado que xa está no IES San Paio ten garantida a súa permanencia nel sen necesidade de solicitar reserva de praza cada ano. O alumnado dos colexios adscritos ten que presentar a solicitude de reserva de praza entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro no centro de orixe.
    • Solicitude de Admisión: para o resto do alumnado, do 1 ao 21 de marzo.
  • Formalización e documentos.
    • Impreso para cubrir a man
    • Aplicación admisiónalumnado  a través do menú Solicitudes, Admisión, Crear solicitude de admisión. Feito iso, pódese:
      • Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo que escollan para o seu fillo ou filla en primeiro lugar.
      • Se dispoñen de certificado dixital, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.
    • Xunto coa solicitude entregarase tamén:
      • Fotocopia do DNI do alumnado.
      • Renda anual per cápita da unidade familiar (debe estar cuberto o apartado na solicitude. Só é necesario presentar documentación no caso de non consentir a consulta)
      • Certificado de empadroamento
      • Para Bacharelato: certificación académica
    • E de ser o caso:
      • Certificado ou comprobación de irmás/áns matriculadas/os no centro.
      • Certificado de nai, pai ou titor/a legal traballador do centro.
      • Certificado da empresa por proximidade do centro ao lugar de traballo das/dos nais/pais ou titoras/es legais
      • Certificado de familia numerosa ou condición de familia monoparental.
      • Certificado de discapacidade da alumna ou alumno ou membro da unidade familiar.
      • Certificado de nacemento de irmáns por parto múltiple.
      • Sentencia acreditativa de vítima de violencia de xénero ou vítima de terrorismo.
      • Resolución da sentencia de separación.
  • Outros prazos
    • Data de sorteo público a efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.
    • Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
    • Presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
    • Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
    • Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
    • Formalización da matrícula en ESO e Bacharelato: 25 de xuño a 10 de xullo. 
  • Servizo de transporteOs alumnos que vivan a máis de 2 km do centro, na súa área de influenza, teñen un servizo de transporte escolar gratuíto mentres estean escolarizados na ESO. O alumnado que obteña praza nun centro distinto ao que lle corresponda, segundo as áreas de influenza, non terá dereito a este servizo complementario. O alumnado que curse bacharelato poderá usar o transporte sempre que haxa prazas libres dispoñibles (máis información aquí). O instituto ten catro itinerarios que cobren as áreas de influenza adscritas ao noso centro: O Seixal-Eirado-Circos-Frinxo-Virxe do Camiño-Magnolia Randufe-Cruceiro do Monte-Randufe colexio-Randufe cruz San Martiño-Gaios-Anta abaixo-Anta arriba-Regueiro-Toxeira-Cruce Sobrada-Vilapouca Marco-Sambade-Cruz-Devesa abaixo-Igrexa Malvas-Devesa arriba-Paderne-Vilanova-Fonteseca-Souto-Rotonda-Parador.
  • Duplicidade de solicitudes de admisión. Segundo o artigo 13 da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, lémbrase que:
    • Só se prode presentar unha única solicitude no centro no que se solicita praza en primeiro lugar. A presentación dunha nova solicitude nun mesmo centro, anula a primeira.
    • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
    • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
  • Centros adscritos e área de influenza do centroA área de influenza do centro é a que corresponde aos catro centros adscritos (CEIP Nº 1, CEIP Nº 2, CEIP Randufe e CEIP Pazos de Reis): casco urbán e parroquias de Randufe, Pazos de Reis, Areas, Pexegueiro e Malvas. En Bacharelato, todos os alumnos do concello teñen a mesma puntuación cando opten a prazas de admisión.
  • Listaxes de admitidos e non admitidos, provisionais e definitivas.
    • Serán publicadas no taboleiro da Secretaría do centro.
    • Pode consultarse a información a través de Chave365.
    • Segundo o art.32, contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación. A resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin a vía administrativa. Na notificación desta resolución á persoa interesada deberá indicarse expresamente que contra a mesma cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ou recurso contencioso-administrativo, o órgano competente e o prazo para a súa interposición.


page | by Dr. Radut