Skip to Content

Actividades

XOGOS PARA REPASO EN ÉPOCA DE CONFINAMENTO

Imos ir colgando aquí xogos de repaso para 1º e 2º ESO.

Crearemos máis, estade atentxs. 

Bicos e apertas virtuais!!!

 

O ENIGMA DE EINSTEIN. QUE TAL TES AS NEURONAS? SERÁS QUEN DE SABER A SOLUCIÓN DESTE RETO DE LÓXICA?

https://view.genial.ly/5ea830e0637c610dbf8673e4

 

XOGO INTERACTIVO PARA XOGAR NA FAMILIA CO ORDENADOR E MOVÉNDOSE POLA CASA (que hai que facer exercicio tamén).

https://view.genial.ly/5e720df40ee9570f5b714b86

 

BREAKOUT INTERACTIVO: BASIC VOCABULARY

https://view.genial.ly/5ebababc0be9a20d68191263 

 

 

 

JUMANJI  MATEMÁTICO. Xogo por equipos (pero tamén se pode xogar de xeito individual) para repaso de mates de 1º e 2º ESO

 https://view.genial.ly/5cb34a94ae19600f3ad83bfc

ENIGMAS MATEMÁTICOS - HIPATIA. Breakout interactivo para traballar FRACCIÓNS e o REDONDEO. 

https://view.genial.ly/5eaa7623c6d9310d817d7353

 VIDEOXOGO VIRTUAL MARCIANITOS. Repaso de mates 1º e 2º ESO. https://view.genial.ly/5c5b04cca558062c2eb8c73d 

 LABIRINTO MATEMÁTICO. Repaso de mates: fracción dun número 1º e 2º ESO. https://view.genial.ly/5e78da58dd2dca0da6cae8d4

JUMANJI  ACENTUACIÓN. Xogo por equipos (pero tamén se pode xogar de xeito individual) para repaso de acentuación en LENGUA.

https://view.genial.ly/5de3f7cb5887360f6911cfb9

 DARDOS.  Comprensión de un texto narrativo: "El lobo y la Luna"

https://view.genial.ly/5d8a5a99b7e84f0f6c8533c7

SUPERPOWER DIACRÍTICO. Juego interactivo para trabajar la Tilde diacrítica. 

https://view.genial.ly/5e89b27c59ee3c0df416f89d

 

MORA Y SERPIENTE. Breakout interactivo para trabajar la lectura comprensiva, el sustantivo, el adjetivo y los determinantes. 

https://view.genial.ly/5e8c953a2f4c5b0e170571fa

 

PASSWORD. Juego en equipos de vocabulario y definiciones.

https://view.genial.ly/5e14a44a3cf83c241e0bd847

DRAGAL IV A estirpe do dragón: breakout virtual de repaso de Lingua galega a través dun libro superinteresante!!!!.

 

https://view.genial.ly/5e99c7443b26f10da5b3aab6l

 

 

SÍMBOLOS DE PAZ: breakout virtual (comprensión lectora).

https://view.genial.ly/5c48a5a4a9e79373d7dfea23

XORNADA DE XOGOS DE MESA - 20 decembro

Da man do noso Club de Manga e Anime TUITAKU, o vindeiro venres teremos as III Xornadas de Xogos de Mesa e de cartas.

Unha ducia de direfentes xogos estarán espallados polas mesas do centro para que poidades coñecelos e, por suposto, xogalos. Non é necesario saber xogar xa que os monitores do Tuitaku vos explicarán as reglas e como é o xogo.

Pasade pola Vicedirección para vos inscribir nos xogos!


 

Entrevista na Radio: Campionato de España de Centros Escolares.

Xoán Coya, Hugo Vicente, Beltrán García e Iago Souto (4ºESO) son catro dos cinco alumnos (falta David Alonso)  do noso centro que, participaron a pasada fin de semana no Campionato Escolar de España de Orientación a pé. Unha competición celebrada en Hervás, Cáceres.

Para escoitar a entrevista, preme AQ

 

premios CONCURSO 25nov : #TROLEANDOAOMACHISMO

Paula, Ainhoa, Lucía, Lucas e Kevin: Gañadoras e Gañadores do I Concurso de Memes contra o machismo e a violencia de xénero #troleandoaomachismo

 

Bravo por implicarvos, por pensar por vós mesmos e por ser quen de plasmalo graficamente dunha forma tan radicalmente actual. 

 

Mil parabéns, valentes, e que vos guste o voso premio!

 

CECEO 2019: UNIÓN DE EQUIPO E 2 MEDALLAS

A pasada fin de semana disputouse no Valle de Ambroz (Cáceres) o Campionato de España de Orientación a pé de Centros Escolares

Beltrán García, David Alonso, Hugo Vicente, Iago Souto e Xoán Coya (4º ESO) representaron ao equipo galego cadete masculino.

Catro días de entrenos, competicións, actividades de convivencia entre comunidades e equipos doutros centros deron para meter nas súas mochilas unha manchea de experiencias, novas amizades e terlle collido máis paixón a un deporte minoritario que se basea no bo ambiente e na natureza no que o lema é "PRIMEIRO PENSO, DESPOIS CORRO".

E pensaron e correron e tamén trouxeron dúas medallas na proba de "REMUDAS DA AMIZADE" na que David e Hugo, cos seus correspondentes equipos, conseguiron as medallas de prata e bronce respectivamente.

Noraboa aos cinco que ademais de demostrar ser bos estudantes e deportistas tamén tiveron un comportamento exemplar deixando o noso Centro no palmarés.

BRAVO RAPACES, sodes grandes e facedes grande o noso IES! 

25 novembro: Día internacional contra a Violencia contra a Muller


#troleandoaomachismo

Aquí vai unha mostra do que nos vai chegando...

Veña que aínda tendes uns días para participar no concurso:

Para alumnado!!!  Para todxs os que traballamos no IES!!! Para familias!!!

CONCURSO 25nov : #TROLEANDOAOMACHISMO

PARA AS TITORÍAS

PARA TODAS AS CLASES

PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA 

PRESENTACIÓN LUDIFICADA DA BIBLIOTECA AO ALUMNADO NOVO

Tiñamos preparados, para o alumnado de 1º de ESO, uns xogos para que coñeceran a biblioteca, o seu espazo, o seu funcionamento, as actividades que desenvolven, etc.
Pero un ataque zombie o cambiou todo... 
 AGORA ISTO XA NON É UN XOGO:
 É SUPERVIVENCIA.
Cómpre ter coidado de que non se confundan e que traballen en equipo para conseguir as claves e así poder abrir a caixa que contén a salvación de todos elxs e de todos nós!

 

O MUNDO ESTÁ NAS SÚAS MANS!!!!!!

(Dentro de pouco teredes máis noticias)

MÁIS INFORMACIÓN, NA IMAXE.

Distribuir contido


by Dr. Radut