O 14 de febreiro no instituto San Paio bailamos para denunciar o gran número de violacións de mulleres no mundo. Queremos que isto acabe e berramos todos xuntos:
Como ven sendo habitual por estas datas, na entrada do instituto temos un posto de Comercio Xusto atendido por alumnado do centro. Estará dende o 17 ata o 21 de decembro, animate a mercar algún producto!
O Venres 19 de Outubro os rapaces e rapazas do centro poideron desfutar das actividades organizadas por TITEREHOP.
Titerehop forma parte de “FalaRedes”, programa de dinamización lingüística promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Consta dun Obradoiro de Hip Hop (rap), un obradoiro de expresión plástica “Construción dun títere que cante” e a posta en escena por medio do títere do traballado no obradoiro de Hip Hop.
Aquí podes ver os vídeos que gravaron durante as actuacións. Se queres máis información sobre esta actividade, non dubides en entrar no seu blogue TITEREHOP