Neste mes de marzo, a través do programa Xogade da Xunta de Galicia coa actividade "Coñece o meu Club", veu ao noso centro un deporte novo para a meirande parte do alumnado do IES: A ORIENTACIÓN A PÉ. Para dalo a coñecer ás/aos rapazas e rapaces de 1º ESO veu Ricardo Figueroa, técnico e orientador de élite do Club Montañeiros de Pontevedra A Roelo - Aromon, que nolo presentou nunha xornada na que houbo teoría e práctica para máis de 100 alumnos e alumnas.
Completaremos as actividades con este deporte participando e divertídonos no CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN A PÉ que (previsiblemente e coma nova data) terá lugar o mércores 5 de abril na Illa das Esculturas de Pontevedra.
Podedes ler a reseña que o Club colgou na súa páxinaweb: https://aromon.es/2017/03/conece-meu-club-ies-san-paio/
Unha pequena mostra das xornadas:
DESCARGADE O BOLETÍN DO CAMPIONATO NESTE ENLACE.
É BO QUE O LEADES CON DETENEMENTO ANTES DA CARREIRA ;)