Skip to Content

Publicada a LISTAXE alumnado BENEFICIARIO DE LIBROS DE TEXTO (2º e 4º ESO) do Fondo Solidario da Xunta de Galicia.

Publicada a listaxe de ALUMNADO DE 2º E 4º DE ESO  

 con adxudicación de libros de texto 

pertencentes ao Fondo Solidario de Libros da Xunta de Galicia.

       

Tal e como se informou, vense de efectuar a asignación dos libros de texto de 2º de ESO (Inglés e Tecnoloxía) e de 4º de ESO (Inglés) pertencentes ao FONDO SOLIDARIO DE LIBROS da Xunta de Galicia. A listaxe do alumnado beneficiario está publicada no taboeiro de Centro. 

 

 

Bolsas e axudas para alumnado de niveis postobrigatorios (BACHARELATO)- MEC

Prazo para solicitudes das Bolsas e Axudas para alumnado de niveis postobrigatorios - MEC: 

dende o  16 de agosto de 2016 ata o 03 de outubro de 2016

 

Toda a información e formulario de solicitude premendo aquí:

II Concurso Xuvenil de Microrrelatos: Amnistía Internacional

Nerea Gómez González, alumna de 2º BAC D, resultou gañadora do premio do xurado e do premio ao relato máis votado nas redes, no II Concurso de Microrrelatos Xuvenil convocado pola Rede de Escolas de Amnistía Internacional Vigo. A entrega de premios, que contou coa presenza da politóloga e activista cultural sirio-galega Nour Al-Hussen Villa e a do escritor Francisco Castro Veloso, tivo lugar o pasado 31 de Marzo na sede de Afundación, en Vigo. 

 

 

PARABÉNS NEREA!

 

Gañadora

 

Entrega premios

 

 RELATO GAÑADOR

Hijos de la tierra, 
de la misma madre que os imponéis barreras,
que os separáis, 
que muchas veces os menospreciáis.
Hijos que matan con vallas y balas, que arrestan personas y dignidades. 
Hijos que decís quereros mientras odiáis. 
Niños de mamá que rompéis sueños, familias y vidas. Que no sabéis ver la desesperación en los ojos. 
Podréis seguir levantando todos los muros que queráis, 
pero recordad que habéis decepcionado a mamá.
Quizá hablar de fronteras se nos quede demasiado grande
cuando no sabemos comportarnos ni con el de la puerta de enfrente.
Criados en sociedades individualistas que nos enseñan que nuestro ombligo es lo primero.
Malditos súbditos de la realidad que acecha al mundo.
Malditos que ni entre vosotros os ayudáis.
Malditos dando lecciones de moral en las que vosotros falláis.
Mirad a los ojos a esas familias, a esos niños, a esos padres desesperados. A esos perseguidos por defender una idea digna, a esos que huyen de la miseria, a esos que sólo quieren huir del mundo que vosotros no conocéis.
Miradlos, miradlos a todos a los ojos y decidles que no pasarán.
Cerrad vuestras puertas con llave, no vaya a ser que os entre un pedazo de humanidad.

Nerea Gómez González

2º BAC D

Cartel concurso

A campaña a favor dos refuxiados que Amnistía Internacional está a levar a cabo nos centros da Rede de Escolas presta o título ao concurso, dirixido a alumnos de Institutos de Ensino Secundario da provincia de Pontevedra: “Primeiro as persoas, logo as fronteiras”. O obxectivo é concienciar ao alumnado da necesidade da súa implicación na defensa dos Dereitos Humanos e convidalos a reflexionar sobre a crecente crise de refuxiados que o mundo está a vivir nos últimos anos.

   

DÍA DO LIBRO COS CATIVOS

Malia que tiñamos preparado ao alumnado para participar na celebración do Día Internacional do Libro co resto dos centros educativos da localidade no tradicional TUI LE o tempo ameazou chuvia.

Pero non podiamos deixar pasar este día sen contar algún conto polo que dous grupos de 1ºESO foron facer unha contada aos cativos da Galiña Azul.

Foi unha bonita experiencia para os nosos rapaces e rapazas ter un público tan entregado e, como non podía ser doutro xeito, elas e eles tamén estiveron á altura e o fixeron marabillosamente ben.

Parabéns e FELIZ DÍA DO LIBRO.

 

 

Premio Excelencia Académica a Sergio Martínez Domínguez

A vicerreitora de estudantes da Universidade de Vigo informou ao IES San Paio de que o antigo alumno deste centro Sergio Martínez Domínguez (en 2º BAC-A no curso 2014-2015) recibiu un Premio de Excelencia Académica para estudantes que se matriculan por primeira vez en titulacións de grao da Universidade de Vigo.

 

O IES San Paio felicita a Sergio e transmítelle os parabéns de todo o profesorado!!

Sergio Martínez Domínguez

25 de Novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 

 

25 de Novembro: palabras e música en honra das vítimas

 

Tal como estaba prevista a nosa comunidade educativa celebrou un acto en lembranza das vítimas da Violencia de Xénero.

 Ás 12 horas concentrámonos diante da fachada do instituto da que colgaba un gran lazo morado.

 15 mozos portaban as letras que formaban o título da actividade: Voces das Vítimas.

 Unha profesora leu a seguinte mensaxe:

 

“Svetlana Alexievich, a premio Nobel de Literatura deste ano, na súa obra Voces de Chernóbil outorgou a

palabra ás vítimas do accidente nuclear de Chernóbil.

 Nós, hoxe 25 de Novembro, con este acto que titulamos Voces das Vítimas queremos ser a voz:

 

  • dese 35% de mulleres que sofren algunha forma de violencia física ou sexual, entre elas os 133 millóns vítimas de mutilación/ablación xenital.

 

  • deses 700 millóns de menores de idade forzadas ao matrimonio, pouco formadas e candidatas a padecer violencia doméstica.

  • pero, sobre todo, das 58 mulleres (nenas, mozas e adultas) que, no que vai deste 2015, foron asasinadas no Estado Español: elas hoxe xa non teñen voz porque a man criminal do seu pai, cónxuxe ou parella acabou coa súa vida...

 

Para elas e para os seus orfos a nosa voz, a nosa palabra e o noso homenaxe nesta mañá”.

A continuación 58 mozas desfilaron citando o nome e a idade de cada unha das 58 mulleres asasinadas, no caso das vítimas galegas engadíronse datos referidos ao lugar do asasinato e ao presunto autor do mesmo; unha última alumna exhibía un cartel cunha ?: haberá unha próxima nesta macabra lista de 58?; todas elas eran a voz das que foron privadas da voz e da vida.

Para finalizar cinco alumnas de música interpretaron a capella a peza All of me en homenaxe ás vítimas, un dos intres máis emocionantes do acto.

Tanto a pancarta-título como as cartolinas cos principais datos de cada unha das asasinadas están expostas na entrada do instituto.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut