Skip to Content

reunión familias 4º ESO: VIAXE DIDÁCTICA FIN DE ETAPA´17

CONVOCATORIA DE REUNIÓN

VIAXE FIN DE ETAPA 4º E.S.O.

BARCELONA Do 26 ao 30 de xuño 2017

 

Con motivo da saída de fin de etapa do alumnado de 4º da E.S.O., convócase ás familias  do alumnado participante a unha xuntanza para recibir informacións e tratar asuntos relacionados coa actividade. Terá lugar no instituto:

luns día 19 de decembro

ás 20.00 horas 

en Usos Múltiples

 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

A Vicedirección.

BOLETÍN INFORMATIVO: VISITA DE ESTUDO A LISBOA 2017 - 3º de ESO

Adxuntamos o boletín informativo coa información da Viaxe Didáctica a Lisboa para o alumnado de 3º ESO:

Descaga aquí:

RESULTADOS DO CONSELLO ESCOLAR

Xa están publicados no taboerio do centro os resultados das votacións dos diferentes sectores do CONSELLO ESCOLAR.

 

CAMPIONAS NO IES - GALA DO DEPORTE TUDENSE

Parabéns a LUCÍA PORTELA e a LARA FEIJOO!!!!

II EDICIÓN DO “OUTONO LITERARIO”. Saída Didáctica San Cibrán de Lás-Ourense-Monforte de Lemos

Alumnado de 2º da ESO está a visitar, nestes días 10 e 11 de novembro, o parque arqueolóxico da cultura castrexa (Lámbrica-San Cibrán de Lás), Ourense (ponte romana, burgas, catedral e roteiro literario: praza Maior, rúas da Paz, Santo Domingo, Lepanto… lembrando a Blanco Amor e a súa Esmorga, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Xaquín Lorenzo, Rey Soto, Carlos Casares ou Marcos Valcárcel; e Monforte (Escolapios, pazo de Tor, museo dos ferrocarrís de Galicia, roteiro Manuel María, castelo, pazo do conde de Lemos: mecenas de Góngora, Cervantes..., referencias a Lois Pereiro…). Esta actividade e a segunda edición do “Outono literario” (pola Atenas galega e o Monforte do conde de Lemos e de Manuel María).

 

Actividade Extraescolar Interdepartamental: Biblioteca e Club Lector, Latín, Grego e Relixión.

Distribuir contido


by Dr. Radut