Skip to Content

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024

Corresponde no curso 2024/25 a renovación dos consellos escolares dos centros sostidos con fondos públicos. No IES San Paio toca renovación parcial de membros nos seguintes sectores: profesorado, nais/pais, PAS e alumnado. A continuación, irase incorporando, para a súa consulta pública, toda a información relativa ao procedemento, así como os documentos que se vaian xerando a medida que o proceso avance (tamén dispoñibles no taboleiro da Secretaría).

  • Data e hora do sorteo público para a designación da Xunta Electoral: VENRES 18 DE OUTUBRO ÁS 10:30 na Sala de Profesorado. Designarase unha persoa titular e outra suplente por cada sector (profesorado, nais/pais, alumnado e persoal).
  • Data e hora do sorteo público para as mesas electorais (pais/nais e alumnado): MARTES 12 DE NOVEMBRO ÁS 12:50 no despacho de Dirección. 
  • Publicación das candidaturas dos distintos sectores na cortiza de Secretaría: MARTES 12 DE NOVEMBRO.
  • Xornada de eleccións: XOVES 21 DE NOVEMBRO. Horario das votacións de cada sector no documento adxunto. 

Animammos a toda a comunidade educativa a que participe destas eleccións, xa que o Consello Escolar é o órgano de maior representación e constitúe unha boa maneira de contribuír a un mellor funcionamento do ensino público. 

Data: 
Mar, 15/10/2024 - 14:18
Data: 
Mér, 16/10/2024 - 14:18

ANPA: NOTIFICACIÓN

  

A inscrición como socio/a da ANPA poderá facerse antes do 20 de setembro de 2024 entregando este impreso que está tamén dispoñible na conserxería do centro.

Data: 
Mér, 31/07/2024 - 11:12

Resultados ABAU 23/24

 

Celebradas as probas ABAU de acceso á universidade, na súa convocatoria ordinaria, e publicadas xa as actas de cualificacións provisionais, queremos dar os nosos PARABÉNS A TODO O ALUMNADO DO IES SAN PAIO QUE CO SEU ESFORZO CONSEGUIU SUPERAR ESTA PROBA.

90% de APTAS/OS

  • Dos 70 estudantes presentados na convocatoria ordinaria resultaron aptos 66
  • Dos 9 estudantes presentados na convocatoria extraordinaria resultaron aptos 5.

Parabéns a todas/os polo voso traballo!

Data: 
Ven, 12/07/2024 - 12:31

Material para o curso 2024/25: libros de texto e E-Dixgal

No IES San Paio convive o ensino virtual, representado polo Proxecto E-Dixgal, co ensino con libro de texto ou materiais impresos.

Data: 
Mér, 03/07/2024 - 13:00

Solicitudes de axuda de material: Listaxe provisional

 

Xa está publicada a listaxe provisional de solicitudes de axuda de material. As persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital. Tamén pode consultar esta información presencialmente na secretaría do centro ou telefónicamente (886110762).

Recórdase que existe a posibilidade de reclamar esta resolución os días luns 15 e martes 16 de xullo, na Secretaría do Centro en horario de 09:00 a 14:00.

A listaxe definitiva publicarase o venres 26 de xullo e as persoas admitidas poderán pasar a recoller o vale na Secretaría do Centro de 09:00 a 14:00 durante o mes de xullo, e de 11:00 a 13:00 no mes de agosto. IMPORTANTE: só poderá recoller o vale a persoa solicitante do mesmo, presentando o seu DNI.

Proxecto Competencial

Esta materia non está asignada a ningún departamento. 

A continuación podedes consultar as programacións didácticas (pendentes de revisar por inspección):

 

 

 

 

Data: 
Xov, 24/10/2024 - 09:15

Calendario escolar curso 24/25

Data: 
Mar, 24/09/2024 - 10:58

Avisos ANPA comezo curso 24-25

Data: 
Ven, 06/09/2024 - 07:10

Horario entrega de notas e devolución de ordenadores

O día 26 de xuño entregaranse as notas ao alumnado de ESO e 1º BAC (convocatoria extraordinaria). O alumnado que non continúe estudos no noso centro terá que devolver o seu ordenador. Podedes consultar a hora e o lugar no arquivo adxunto. 

 

Data: 
Mar, 18/06/2024 - 12:50

Programación fin de curso

Data: 
Mar, 18/06/2024 - 12:48
Distribuir contido


by Dr. Radut