Skip to Content

Solicitudes de axuda de material: Listaxe provisional

 

Xa está publicada a listaxe provisional de solicitudes de axuda de material. As persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital. Tamén pode consultar esta información presencialmente na secretaría do centro ou telefónicamente (886110762).

Recórdase que existe a posibilidade de reclamar esta resolución os días luns 15 e martes 16 de xullo, na Secretaría do Centro en horario de 09:00 a 14:00.

A listaxe definitiva publicarase o venres 26 de xullo e as persoas admitidas poderán pasar a recoller o vale na Secretaría do Centro de 09:00 a 14:00 durante o mes de xullo, e de 11:00 a 13:00 no mes de agosto. IMPORTANTE: só poderá recoller o vale a persoa solicitante do mesmo, presentando o seu DNI.



page | by Dr. Radut