Skip to Content

DIPLOMA E CERTIFICADO de SAVE THE CHILDREN: Carreira solidaria de Xaneiro

Compartimos con toda a Comunidade Educativa o DIPLOMA de participación coa Campaña de Save The Children e o certificado dos cartos doados na Actividade KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE.

 

Noraboa!!

Grupo de teatro en inglés na Galiña Azul

Os cativos da Galiza Azul foron un gran público para a 1ª representación do English Drama Club que prepara a nosa auxiliar de conversa Carly Oliver. Estrenáronse con Carapuchiña Vermella introduindo vocabulario en inglés:

En feminino no Día da Muller

Formándonos en feminino no Día da Muller
Conmemorando esa data, na entrada do noso instituto, enxeñeiras e arquitectas, cineastas e pintoras, físicas e caramistas, videocreadoras ou bioquímicas... daban os bos días ou eran obxecto de pescudas.

 

POEMAS OCULTOS

A "Blackout Poetry" (Poesía Oculta) chegou ao noso instituto aparecendo no recibidor do centro cos poemas elaborados polo noso alumnado.

 

Programa VIAXE DIDÁCTICA MADRID E ALMAGRO (1ºBach)

 

TELÉFONO MÓBIL DE CONTACTO CO PROFESORADO: 643023228

Descarga este programa en PDF no documento adxunto:

Visita de estudo a Lisboa 16-17- Axenda

Vista de estudo a Lisboa

 

Descarga esta axenda da Visita de estudo a Lisboa (Curso 16-17) no documento adxunto: 

Actividade deportiva para 1º ESO: "Coñece o meu club"

Neste mes de marzo, a través do programa Xogade da Xunta de Galicia coa actividade "Coñece o meu Club", veu ao noso centro un deporte novo para a meirande parte do alumnado do IES: A ORIENTACIÓN A PÉ. Para dalo a coñecer ás/aos rapazas e rapaces de 1º ESO veu Ricardo Figueroa, técnico e orientador de élite do Club Montañeiros de Pontevedra A Roelo - Aromon, que nolo presentou nunha xornada na que houbo teoría e práctica para máis de 100 alumnos e alumnas.

Completaremos as actividades con este deporte participando e divertídonos no CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN A PÉ que (previsiblemente e coma nova data) terá lugar o mércores 5 de abril na Illa das Esculturas de Pontevedra. 

Podedes ler a reseña que o Club colgou na súa páxinaweb: https://aromon.es/2017/03/conece-meu-club-ies-san-paio/

 

Unha pequena mostra das xornadas:

 

 DESCARGADE O BOLETÍN DO CAMPIONATO NESTE ENLACE.

É BO QUE O LEADES CON DETENEMENTO ANTES DA CARREIRA ;)

Instrucións para tomar café da man de Manuel Núñez Singala

O alumnado de 1º de Bacharelato, a través do departamento de Lingua Galega, pasou dúas horas recibindo instrucións para tomar café da man de Manuel Núñez Singala.

Rosaliámonos no San Paio!

Dúas brigadas rosalianas de 1º de ESO recitaron en todas as aulas do centro. Moitas grazas a este pequeno pero animoso exército poético e a tod@s por deixarnos celebrar este día en medio dos preparativos do Entroido e das explicacións do currículo na última xornada lectiva previa ao inicio dos exames da 2ª Avaliación.

Distribuir contido


by Dr. Radut