II Concurso Xuvenil de Microrrelatos: Amnistía Internacional
Nerea Gómez González, alumna de 2º BAC D, resultou gañadora do premio do xurado e do premio ao relato máis votado nas redes, no II Concurso de Microrrelatos Xuvenil convocado pola Rede de Escolas de Amnistía Internacional Vigo. A entrega de premios, que contou coa presenza da politóloga e activista cultural sirio-galega Nour Al-Hussen Villa e a do escritor Francisco Castro Veloso, tivo lugar o pasado 31 de Marzo na sede de Afundación, en Vigo.
PARABÉNS NEREA!
RELATO GAÑADOR Hijos de la tierra, Nerea Gómez González 2º BAC D |
A campaña a favor dos refuxiados que Amnistía Internacional está a levar a cabo nos centros da Rede de Escolas presta o título ao concurso, dirixido a alumnos de Institutos de Ensino Secundario da provincia de Pontevedra: “Primeiro as persoas, logo as fronteiras”. O obxectivo é concienciar ao alumnado da necesidade da súa implicación na defensa dos Dereitos Humanos e convidalos a reflexionar sobre a crecente crise de refuxiados que o mundo está a vivir nos últimos anos. |
|