O pasado venres 7 de xuño recibimos a Alberto Escobar Rivas que impartiu unha conferencia titulada Europa na encrucillada, seguida dun debate co alumnado de bacharelato.
Alberto Escobar Rivas formou parte da 1ª promoción da Sección Bilingüe en Francés do instituto Sánchez Cantón e obtivo o Premio Nacional extraordinario de Bacharelato; máis tarde cursou o grado de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, sendo o primeiro da súa promoción, e continuou os seus estudos co Máster en Dereito da Unión Europea en Oxford. En 2018 comeza a súa traxectoria laboral no Parlamento Europeo que desembocou na obtención da praza de funcionario letrado adscrito á Comisión de Libertades públicas, Xustiza e Interior. Nese camiño destaca o seu estudo sobre o impacto do Brexit na pesca galega.
O letrado regresa ao seu instituto pontevedrés como embaixador da UE co fin de compartir o seu coñecemento das institucións europeas co alumnado de bacharelato, dentro do programa do Parlamento Europeo Back to school.
No contexto actual, e máis en vísperas das eleccións europeas, resulta crucial para o alumnado que reciba información detallada sobre o funcionamento das institucións europeas, así como sobre todas as decisións que alí se toman e que afectan directamente á vida cotiá da cidadanía galega e europea.
Os medios de comunicación da cidade fixéronse eco desta agradable e didáctica visita:
https://www.diariodepontevedra.es/gl/articulo/pontevedra/alberto-escobar-tenemos-que-seguir-acercando-decisiones-bruselas-gente/202406111103271308168.html
https://www.farodevigo.es/pontevedra/2024/06/07/alberto-escobar-vuelve-sanchez-canton-103457820.html
Pica no álbum para ver as fotos
Álbum: Actividades -> Charla de Alberto Escobar