Skip to Content

Visita ao Centro de Recursos da ONCE

O alumnado de 2º TSEASD visitou o xoves pasado o Centro de Recursos da ONCE onde foron informados das actividades que alí desenvolven.

Ademais, foron entrevistados por unha reporteira da TVG para o Telexornal do serán. Aquí deixamos o enlace ao informativo do 14/03 pola noite da TVG (minuto 48 ao 50) para todos aqueles a quen lle interese.

https://www.agalega.gal/videos/detail/130048-tx-seran-14-03-2024

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Visita ao Centro de Recursos da ONCE

Intercambio co instituto Helmholtz-Gymnasium de Bonn

Dezasete alumnos de 1º bacharelato atópanse desde o día 14 en Bonn (Alemaña) convivindo co alumnado do intituto Helmholtz-Gymnasium: asisten ás súas clases, conviven coas súas familias e realizan pequenas escapadas a cidades cercanas como Colonia, onde visitaron o cuartel general da Gestapo. 

As ensinanzas que se obteñen ao somerxerse deste modo noutra sociedade e noutra cultura, resultan tremendamente enriquecedoras.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Intercambio con Bonn

Carlos Negro visita o Club de Lectura de Familias

O pasado martes 12 de marzo, o escritor Carlos Negro asistiu a  unha sesión do Club de Lectura de Familias para conversar sobre o seu libro de poesía "O tempo dos lagartos", unha obra na que trata o tema da adolescencia desde a perspectiva dos pais e nais. Os poemas están empapados das emocións e sentimentos que xenera ese tempo de tensións familiares: amor, incomprensión, ternura, soidade, confrontacións...a transición entre a infancia e o tempo adulto. A muda dos lagartos. 

https://www.farodevigo.es/pontevedra/2024/03/13/poeta-carlos-negro-protagoniza-club-99405108.html

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Visita de Carlos Negro

Visita do arzobispo de Santiago de Compostela

O pasado 14 de marzo, o arzobispo de Santiago de Compostela visitou o noso centro para charlar con todo o alumnado que cursa a materia de Relixión.

Os rapaces e rapazas estiveron moi atentos e escoitaron con todo interese as palabras de D. Francisco José Prieto, que lles falou sobre os valores cristiáns fundamentais.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Charla do arzobispo de Santiago de Compostela

Festa dos Clubs de lectura no Salón do Libro

A mañán do luns 11 de marzo, unha pequena representación dos nosos clubs de lectura (1º e 2º de ESO) asistimos á Festa dos Clubs de lectura organizado polo Salón do Libro de Pontevedra.

A esta festa acudimos os clubs dos centros de ensino medio de Pontevedra e tamén os de Cuntis e de Poio. Fomos recibidos polo persoal do Salón que nos deu a benvida e logo o escritor e músico Lois Pérez foi o condutor da festa coa súa poesía e a súa música: 

A POESÍA É COMA A NEVE

                A NEVE É ALGO PARECIDO Á POESÍA

                                A NEVE MÁRCHASE

                                                A POESÍA DESAPARECE NA POESÍA

                                                               O TEMPO DESAPARECE NO TEMPO

Estes foron algúns dos versos-proclamas cos que nos agasallou Lois Pérez. Cantamos con el e desfrutamos dos seus músico-poemas: 

A POESÍA ESTÁ NA PERIFERIA, NAS MARXES, E SEN EMBARGO... PRECISÁMOLA.

Logo da actuación do poeta realizamos a presentación dos nosos clubs e das obras que lemos este curso. A seguir houbo un sorteo de libros tras responder a preguntas relacionadas coas nosas lecturas. Ningún centro se foi coas mans baleiras.

Agradecemos ao Salón do Libro que nos convidase a participar nesta gran festa. 

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Festa dos Clubs de Lectura no Salón do Libro 2024

Actividades 8M

Este ano, a Subdelegación do Goberno en Pontevedra solicitou a participación do IES Sánchez Cantón para a lectura do Manifesto este venres 8 de marzo, celebración do Día da Muller Traballadora. Alí estiveron 8 alumnas de 2º ESO en representación do Comité de Igualdade deste instituto realizando un extraordinario papel do que se fixeron eco os medios de comunicación.

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/a-subdelega/202403081352581295262.html

https://www.pontevedraviva.com/xeral/102430/8m-alumnas-sanchez-canton-dan-voz-feminismo-debilitar-masculinidades-hegemonicas/

https://cadenaser.com/galicia/2024/03/08/el-camino-hacia-igualdad-se-llama-feminismo-radio-pontevedra/

Pero ésta non foi a única actividade que se realizou no instituto para conmemorar esta data tan significativa.

O departamento de Educación Física reivindicou a figura da muller no deporte mediante a visibilización de diferentes mulleres deportistas destacadas en todos os ámbitos, e ao longo da historia: https://www.instagram.com/p/C4QTtXOMU6g/

Ademais, o Comité de Igualdade en colaboración co departamento de Educación Plástica, desenvolveu un traballo colaborativo interaulas que foi canalizado, sobre todo, a través das titorías: fotografamos ao alumnado sostendo un cartel no que aparecía unha frase feminista de diferentes mulleres que destacan polo seu activismo. O seguinte paso foi empapelar todo o centro. Velaquí vos deixamos o resultado: https://www.instagram.com/p/C4QcFjvMlB1/

Finalmente, participamos no programa da Uvigo “Quero ser investigadora” co fin de achegar a ciencia feita por mulleres a todo o alumnado. A invesigadora Irimia Mollinero, doutora en fisioterapia especializada no tratamento do alzhéimer, ofreceu unha charla moi interesante sobre este tema: https://www.edu.xunta.gal/centros/iessanchezcanton/node/1129

Pica na foto ver o álbum

Álbum: Actividades -> Actividades 8M

Visita ao Centro Penitenciario de A Lama

O alumnado de 2º TSEASD visitou, o venres 8 de marzo, o Centro Penitenciario de A Lama acompañado polos seus profesores Anxo Gómez e José Víctor Cimadevila. Esta visita está organizada como actividade dentro do Módulo de Actividades Físicodeportivas para a Inclusión Social.

O alumnado estivo acompañado en todo momento por educadores e monitores deportivos da prisión e asistiron a algunhas das actividades físicas que realizan os internos.

Camiñada inclusiva

O pasado mércores 6 de marzo, o alumnado de 2º TSEASD, acompañado polo seu profesor Anxo Gómez, realizou unha camiñada inclusiva con membros das seguintes asociacións: AECC, Asociación Juan XXIII, Xuntos Down Pontevedra e Grupo de Mantemento de Maiores SG Pontevedra.

O punto de saída para comezar este percorrido circular de 7 km polas beiras do río Lérez, estivo no Pavillón Municipal dos Deportes.

Pica na foto para ver o álbum

 

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Camiñada inclusiva

Encontro lector coa escritora María Reimóndez

Este martes 5 de marzo, entre as 12 e ás 14 horas, celebrouse un encontro lector coa escritora María Reimóndez no Salón de actos do CGTD, sección do IES Sánchez Cantón. No mesmo participou alumnado de 1º de bacharelato A, 1º de Bacharelato B, 1º de Bacharelato D e 1º de Bacharelato do CGTD. 

O encontro realizouse arredor de varios bloques temáticos: a traxectoria da autora na escrita, preguntas xenéricas sobre o proceso da escrita centrada na escritora para, a seguir, centrármonos na obra literaria lida e traballada previamente polo alumnado.

Primeiramente, un alumno presentoulle a autora aos seus compañeiros (obras publicadas e premios acadados), logo o alumnado do CGTD foi o responsable de realizar as preguntas de contacto (gustos literarios da autora, por que escribe, publicou toda a obra que escribiu...). 

En segundo lugar, centrouse o faladoiro na obra FURIA, publicada recentemente. A partir de fragmentos diversos da novela, previamente comentados polo alumnado, establecéronse tres bloques de contido:

  • A adolescencia: as vivencias e a toma de decisións (texto páxina 73)
  • As afeccións dos adolescentes, as actividades que os fan sentir ben e que son menos convencionais (texto páxinas 29-30).
  • O deporte, o boxeo: fórmula de autocoñecemento e de resistencia fronte as experiencias de vida dramáticas e fronte as normas de xénero impostas pola sociedade; a desigualdade neste tipo de deportes (texto páx. 101).
  • A lingua galega, o seu uso nas urbes galegas polos mozos e mozas; os prexuízos co uso da lingua e a liberdade de escolla lingüística (texto páx. 31).

A rapazada le os seus comentarios en relación ao tema e o libro, e a autora puntualiza e desenvolve.

Na terceira parte, o alumnado le as valoracións persoais que cada un deles realizou sobre a novela e coméntanas conxuntamente.

Finalmente, a autora asina exemplares do seu libro, despedida e agradecementos. 

 

Pica na foto para ver o álbum

 

Álbum: Actividades -> Encontro lector con María Reimóndez

Ponte nas Ondas: Día Mundial da Radio

O EDLG do IES Sánchez Cantón participou o pasado 13 de febreiro na celebración do día mundial do teatro cun programa piloto sobre a figura de  Xosé Silvent e a súa personaxe principal, Barriga Verde. Na elaboración do programa participaron os alumnos e alumnas da materia de Oratoria de 3ºESO.

 

Pica sobre a seguinte ligazón para escoitar un dos audios do programa

 

Distribuir contido


by Dr. Radut