Skip to Content

Club de lectura de familias: encontro lector coa escritora Eva Mejuto arredor da súa novela 22 segundos.

A última sesión do Club de Lectura de Familias, foi adicada á obra "22 segundos" da escritora Eva Mejuto.

A propia escritora estivo presente esta tarde e compartiu con nais e alumnos a importancia desta obra  para visibilizar a transexualidade e a diversidade sexual, ademais de empatizar coas problemáticas que sofren as persoas "trans" na procura de recoñecerse e ser recoñecidas na súa identidade de xénero. 

Debemos sinalar a relevancia que tivo a publicación da novela por ser a primeira dirixida a adolescentes que trata este tema. 

O encontro serviu de colofón para rematar o curso lector e para reunir en torno á lectura a nais, fillos, profesorado e escritora.

Compartir coa escritora Eva Mejuto sempre é todo un pracer.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> 22 segundos con Eva Mejuto


album | by Dr. Radut