Skip to Content

Visita aos Xulgados

O alumnado de 2º Bacharelato E, coñeceu de primeira man o funcionamento da real Xustiza coa asistencia a varios xuizos nos que todos e todas comprobamos as dificultades coas que se atopan no seu día a día a xuiza decana Belén Rubido e a fiscal, cuxas pedagóxicas explicacións axudáronnos a diferenciar entre outras moitas cousas, termos como violencia doméstica de violencia de xénero, e tamén que xuíces e fiscaís levan nas mangas dás súas togas as chamadas "puñetas".

Para o alumnado foi unha grata experiencia: " Para nós foi unha experiencia moi interesante, instructiva e funcional. Tendo en conta que moitos de nós queremos estudar algo relacionado co Dereito, pareceunos unha saída súper acertada" comentaron Ainara Villanustre e Candela Justo.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Curso 24/25 -> Visita aos xulgados

Concurso de carteis 25N

Un curso máis o Comité de Igualdade coa colaboración do Dpto. de Artes Plásticas e o EDLG convoca o Concurso de Carteis contra a Violencia de Xénero no que pode participar todo o alumnado do centro.

Oxalá haxa un día no que este concurso non teña sentido. Sempre vivas!

Saída a EDUGAL

O alumnado de 3º ESO que cursa estudios no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), acompañado pola orientadora do centro, Marisa Gayoso, e a titora do grupo, a profesora Laura Pérez, participou o pasado xoves, 10 de outubro, na Feira EDUGAL deste ano 2024 celebrada no Recinto Feiral de Pontevedra.

EDUGAL é o salón educativo de referencia en Galicia, que tenta dar resposta as necesidades de información sobre oferta formativa e orientación educativa a estudantes, profesionais da educación e familias.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Curso 24/25 -> Visita a EDUGAL

Conferencia de Arun Marukhani

O pasado martes 15 de outubro, ás 11.00 h, o prestixioso psicólogo clínico Arun Mansukhani ofreceu unha ponencia para escolares na Sede Afundación de Pontevedra inserta no CicloEducación s. XXI.

Arun Mansukhani é un reputado psicólogo clínico e sexólogo con formación especializada en Terapia Cognitivo Conductual, Facilitador EMDR Europa, NIII de Terapia Sensoriomotriz e Especialista Universitario en Hipnosis Clínica.

A charla á que asistiu o noso alumnado versou sobre a sexualidade e as relacións. Os últimos acontecementos sociais demostran que, máis aló da formación intelectual e física, a educación emocional é fundamental para o desenvolvemento. Ata hai pouco, a atención relacionada con competencias emocionais parecía non ser relevante, converténdose na actualidade nunha necesidade á que se enfrontan escolares, profesorado e familias.

 

Club de lectura de familias

"Desexo" con Talía Teatro

O alumnado de 4º ESO asistiu o xoves 10 de outubro á representación da obra teatral "Desexo" da compañía Talía Teatro, na que os actores plantexan, desde unha perspectiva cómica, a tese de que vivimos na sociedade do desexo, a máis sexualizada da historia, e sen embargo, estas cuestións seguen a ser tabú.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Curso 24/25 -> Talía Teatro

Recital poético no Teatro Principal

Un ano máis, Pontevedra foi o escenario que acolleu o Obradoiro Internacional de Tradución Poética “Con barqueira e remador” que festexa a súa XIII edición na Illa de San Simón.

 O noso alumnado de Clubs de Lectura e Literatura Galega do Século XX, tivo a sorte de acudir a un recital poético multilingüe ofrecido por seis novos talentos poéticos chegados desde Serbia, Colombia, Romania, Cataluña, Malta e, por suposto, Galicia: Radu Vancu, Martí Sales, Petar Matović, Andrea Cote e Nadia Mifsud estiveron capitaneados polos nosos poetas, Jesús Castro Yáñez e Yolanda Castaño. 

https://new.pontevedraviva.com/gl/cultura/dous-recitais-atraen-a-pontevedra-o-obradoiro-de-traducion-poetica-con-barqueira-e-remador_357445_102.html

 Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Curso 24/25 -> Recital poético

Regueifas cos cativos

O pasado 9 de outubro, parte do alumnado de 1º ESO asistiu na biblioteca a un obradoiro sobre regueifas, esas cantigas improvisadas entre dúas ou máis persoas que disputan sobre un tema determinado. 

O obradoiro foi impartido por Josinho da Teixeira, un dos regueifeiros máis recoñecidos hoxe en día na Galiza que ten como características máis subliñábeis a rapidez e o enxeño na produción, unha maior teatralización cós mestres bergantiñáns e un humor acedo e retranqueiro.

Pica na foto para ver o álbum 

Álbum: Curso 24/25 -> Regueifas

Saída de orientación en bicicleta

O pasado venres, 4 de outubro, profesorado de Educación Física, en colaboración co alumnado de 2º TSEASD, organizou unha saída en bicicleta co alumnado de 4º ESO á Illa das Esculturas, co obxectivo de realizar actividades relacionadas coa orientación.  

Pica na foto para ver o álbum 

Álbum: Curso 24/25 -> Saída de bici-orientación

Diego Domínguez, medallista olímpico en París

Hoxe, 3 de outubro, visitou as instalacións do CGTD o recente medallista olímpico Diego Domínguez. Esivo acompañado polo seu irmán, o canoísta Noel Domínguez  .

A través dunha charla moi emotiva, compartiu as súas experiencias na recente Olimpiada de París co alumnado adicado ao deporte máis esixente, o da alta competición.

Pero ademais, para estes rapaces e rapazas é un "colega" do CGTD, xa que compartiu as mesmas vivencias que agora teñen elas e eles: neste centro estudou e conviviu na residencia, polo que adicou parte da súa charla a contarlles tantos momentos compartidos cos compañeiros e compañeiras.

Para o alumnado de hoxe é un exemplo a seguir, unha persoa que acadou as máximas cotas ás que un deportista aspira, pero sobre todo, un exalumno do CGTD que, desde a sinxeleza e a humildade, acadou os maiores éxitos deportivos e persoais.  

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Curso 24/25 -> Diego Domínguez, medallista nas Olimpiadas de París
Distribuir contido


by Dr. Radut