Hoxe, 3 de outubro, visitou as instalacións do CGTD o recente medallista olímpico Diego Domínguez. Esivo acompañado polo seu irmán, o canoísta Noel Domínguez .
A través dunha charla moi emotiva, compartiu as súas experiencias na recente Olimpiada de París co alumnado adicado ao deporte máis esixente, o da alta competición.
Pero ademais, para estes rapaces e rapazas é un "colega" do CGTD, xa que compartiu as mesmas vivencias que agora teñen elas e eles: neste centro estudou e conviviu na residencia, polo que adicou parte da súa charla a contarlles tantos momentos compartidos cos compañeiros e compañeiras.
Para o alumnado de hoxe é un exemplo a seguir, unha persoa que acadou as máximas cotas ás que un deportista aspira, pero sobre todo, un exalumno do CGTD que, desde a sinxeleza e a humildade, acadou os maiores éxitos deportivos e persoais.
Pica na foto para ver o álbum