O alumnado de Historia do Mundo Contemporáneos de 1º bacharelato E (CGTD) e o alumnado de Arte de 2º bacharelato E (CGTD) realizaron unha visita guiada á exposición "A era das fábulas" organizada polo Museo de Pontevedra acompañado polo seu profesor, Juan Álvarez Guillán, o pasado xoves 27 de setembro.
A exposición mostra obras de Maruja Mallo, Vasili Kandinski, Pablo Picasso, Fernand Léger, Joan Miró, Miquel Barceló, Luis Gordillo, Louise Bourgeois, Ernesto Neto, Menchu Lamas, Noa e Lara Castro ou Teresa Solar arredor das narrativas ficcionadas, esenciais para comprender a realidade.
Pica na foto para ver o álbum
Álbum: Curso 24/25 -> Visita ao Museo de Pontevedra