Skip to Content

Música coa Escola Bonobo

O pasado xoves 16 de maio, membros da Escola Bonobo organizaron unha sorpresa para o alumnado do instituto: un concerto durante o recreo. 

Colocaron os seus instrumentos no vestíbulo e o convertiron nun escenario rockero onde alumnas da Escola e do noso centro ofreceron unha sesión musical que regalou vitalidade a todos os que estabamos presentes. Foi unha agradable sorpresa para moitos, grandes e pequenos, que proporcionou unha inxección de enerxía para continuar coas clases da mañán e que nos dura ata hoxe.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Concerto Escola Bonobo

Celebración da Poesía

O xoves 16 de maio realizamos unha saída co alumnado de 1º ESO para agasallar á cidadanía pontevedresa coa lectura de poemas. Celebrabamos así o Día das Letras Galegas con adianto e o Día da Poesía cun pouquiño de retraso, pero mellor tarde que nunca.

Membros dos departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá, acompañamos aos rapaces e rapazas polas rúas de Pontevedra, regalando os oídos dos cidadáns cos máis fermosos poemas da literatura nas nosas linguas.

Pica na foto para ver o álbum 

Álbum: Actividades -> Celebración da Poesía

Ruta da Pedra e da Auga

O pasado 16 de maio, o alumnado de 2º ESO realizou unha andaina polo sendeiro da Ruta da Pedra e da Auga, desde Ribadumia ata Armenteira, onde visitaron o mosteiro.

O sendeiro estaba en boas condicións e a meteoroloxía abriu unha ventaniña para que o noso alumnado puidese desfrutar da preciosa paisaxe nun día sen choiva. Respirar ese aire puro deu folgos aos rapaces e rapazas para encarar esta recta final de fin de curso.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Ruta da Pedra e da Auga

Charla sobre a doazón de órganos

O alumnado de 3º ESO asistiu onte a unha charla sobre a importancia da doazón de órganos na salvagarda de vidas, organizada pola súa profesora de Bioloxía, María Rey Ruibal.

O ponente foi protagonista e afectado por esta situación, a cal relatou desde a experiencia máis íntima e persoal, pois estivo desahuciado e resultou afortunado coa maior alegría do mundo, xa que nos peores momentos recibiu a noticia de que un donante devolvíalle a vida que se escapaba.

A concienciación dos rapaces e rapazas de que esta xenerosidade dalgunhas persoas salva vidas, constituía o obxectivo da conferencia. E pensamos que esta tarefa foi conseguida porque as súas facianas reflictían todo un universo de emocións.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Charla sobre doazón de órganos

Froita e leite na escola

Este curso decidimos solicitar o programa de Froita e Leite na Escola que oferta o FOGGA. Pensamos que era interesante axudar a fomentar uns hábitos almenticios saudables entre o noso alumnado, e por iso o solicitamos para os máis pequenos (1º e 2º ESO) confiando en xerar costumes que sexan beneficiosas para eles e que se manteñan nas súas vidas.

A resposta foi sorprendente: acudiron moitos durante os recreos para consumir os productos e botaron de menos a froita una vez que remataron os dous periodos de reparto previstos.

Iso nos anima a solicitalo de novo. O ano que ven, máis e mellor!

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Froita e leite na escola

Exposición "O Galego tamén noutros mundos"

 O EDLG en colaboración co Servizo de Normalización do Concello de Pontevedra, trouxo ao noso centro, durante o mes de febreiro, a exposicón O galego tamén noutros mundos que trata de visibilizar a nosa lingua máis aló das nosas fronteiras. Alén de gozar dela toda a comunidade educativa, foi o alumnado de Oratoria coas profes Salo e Conchi quen se convertiron en guías e complementaron coas súas achegas a información dos paneis. Xa sabedes, en galego temos un mundo enteiro!

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Exposición "O Galego tamén noutros mundos"

Viaxe a Pena Aventura

O alumnado de 4º ESO xa regresou da súa viaxe de fin de etapa a Pena Aventura. As súas caras de satisfacción mostran contento, aínda que tamén se aprecia o cansancio destes días pasados fóra da casa.

Deixamos unha mostra con imaxes destes días de relaxación, previos a encarar a recta final do curso.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Pena Aventura 2024

Curso 23/24

PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO

 

Publicación da ORDE do 19 de abril de 2024 pola que se convocan os premios extraordinarios
de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24
(código de procedemento ED311A).

 

Persoas beneficiarias

Alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2023/24 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, fose proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

 

Solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes: comezará o día 29 de abril de 2024 e rematará o día 28 de maio de 2024.

 

Importe

Vinte premios extraordinarios cunha dotación global de 20.000 €. Cada premio estará dotado con un máximo de 1.000 €.

 

Ligazón á folla de Instrucións resumida

 

 

Exposición Memoria e Patrimonio, da Asociación Ponte nas Ondas

 Durante o mes de abril, contamos no noso centro coa fabulosa exposición MEMORIA E PATRIMONIO, resultado do concurso AS IMAXES DO PATRIMONIO da asociación Ponte nas Ondas, á que pertencemos desde este curso. Cada foto ten unha versión de Andrés Meixide en viñetas de banda deseñada. @pontenasondasoficial #gnldosanchez

 

 https://www.instagram.com/p/C6Y3cFTtzZX/?img_index=1

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Exposición "Memoria e Patrimonio"

A loita contra a leucemia

Este xoves 25 de abril, o Salón de Graos do CGTD foi escenario dunha charla que achega ao alumnado á realidade máis triste e ao mesmo tempo máis humana, pois ante as adversidades da vida debemos desenvolver o noso lado máis solidario e colaborador.

 A charla titulada "A loita contra a leucemia", ofrecida por un membro da Asociación Fran Gil e dirixida ao alumnado de 2º bacharelato, 1º TSEASD e deportistas do CGTD, deixou abraiados aos asistentes e os concienciou sobre a importancia de sumarse á donación de médula como medio para salvar vidas, desmitificando moitos dos bulos ou medias verdades que corren en torno a este tipo donación.

 Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Charla de concienciación contra a leucemia
Distribuir contido


by Dr. Radut