Skip to Content

Fase Provincial do Campionato de Orientación

O alumnado que superou as primeiras probas do Campionato de Orientación en Pontevedra, acudiu este mércores á fase provincial que se desenvolveu en Vigo. Aínda que non obtiveron medalla, xa foi un triunfo chegar ata aquí, e ben está que así o recoñezamos. Noraboa!

Pica na foto para ver o álbum 

Álbum: Actividades -> Campionato de Orientación 2024

Exposición homenaxe a Fina Casalderrey

A partir do luns 22 de abril e ata o venres 10 de maio, alumnado de 1ºESO, 3º ESO e 4º ESO PDC, realizou unha visita á exposición-homenaxe a Fina Casalderrey que se atopa na Praza da Ferraría. 

Os rapaces tiveron unha guía de luxo, xa que recibiron as explicacións de Andrea Jamardo, editora de Cuarto de Inverno e representante de GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).

A mostra está escrita por María Lado e ilustrada por Nove Noel. A palabra e a imaxen reúnense en 20 paneis que amosan a vida e a obra da escritora. As anécdotas e declaracións prestadas a diferentes medios de comunicación ao longo da súa carreira, son o camino empregado na mostra para que Fina Casalderrey revele a súa traxectoria vital e literaria.

 Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Exposición sobre Fina Casalderrey

Brokeback Sabucedo

O xoves 18 de abril, o alumnado do Comité de Igualdade e o de 4º ESO asistiu á representación da obra Brokeback Sabucedo representada no Teatro Principal. 

Brokeback Sabucedo é un canto á diversidade, unha homenaxe á tradición galega e unha crítica á enerxía eólica. SAL DO TEATRO presenta un espectáculo de temática LGTBIQ+ no ámbito rural de Galicia, concretamente na celebración de Rapa das Bestas de Sabucedo. Un texto de Santiago Telmo e Carlos Losada, interpretado por Borja Salgado e Santiago Telmo e dirixido por Rocío Romero, con Álex Sobrino no espazo escénico.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Brokeback Sabucedo

Xogando cos pícaros

O alumnado de 1º TSEASD realizou este martes 16 de abril unha xornada de xogos tradicionais cos pequenos de 4 anos da EEI Concepción Crespo Rivas. Mirando as fotografías resulta complicado saber quen o pasa mellor: os pícaros ou os máis grandes. Concluimos entón que resultou unha xornada moi satisfactoria para ambas partes.

Pica a foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Xogando cos pícaros

Marisa Gayoso, orientadora e ornitóloga

A nosa orientadora, Marisa Gayoso, ademais de axudar ao alumnado nas máis importantes cuestións da vida, tamén é unha grande especialista en Ornitoloxía. Así que, aproveitando os recursos humanos dos que dispón o propio centro, o Departamento de Bioloxía solicitou a súa colaboración para que impartise unha clase que dese a coñecer este apaixonante mundo aos máis pequenos do instituto, o alumnado de 1º ESO.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Charla sobre ornitoloxía

Charla de María José Alonso Veloso, catedrática de Filoloxía da USC

Este luns 15 de abril recibimos a visita de María José Alonso Veloso, catedrática do Departamento de Lengua y Literatura españolas, Teoría de la Literatura y Lingüística General,  da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC). 

A profesora deu unha interesante clase maxistral na que explicou ao alumnado de 1º bacharelato o labor que desenvolven os filólogos na salvagarda e integridade dos textos literarios, así como da importancia da transmision fiel da vontade de estilo dos escritores co fin de conservar a pureza do noso patrimonio literario. 

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> O patrimonio literario

Charla sobre as ABAU

O profesor xubilado Anxo González Guerra, visitou o noso centro para falar co alumnado sobre as probas ABAU a partir da súa longa experiencia como docente, proporcionando un enfoque menos académico e máis emocional.

Como sabedes, para preparar selectivo hai un espazo web coñecido a nivel galego que é OGALEGO.EU detrás do que está o noso exprofe de LGL Anxo Guerra e a súa muller Vitoria Ogando, que tamén foi profe no instituto veciño, o IES Valle Inclán.  Anxo visitounos para aconsellar aos nosos e a alumnos de 2ºBACH que en breve se enfrontarán á proba de galego nas ABAU.

lIGAZÓN: https://www.instagram.com/p/C5yT7HTM83t/?img_index=1

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Charla de Anxo González Guerra sobre as ABAU

Curso de Biotecnoloxía

Alumnado de 1º e 2º bacharelato realizou un breve curso sobre biotecnoloxía, organizado pola súa profesora Chus Crugeiras, os días 10 e 11 de abril. Esta exhaustiva práctica tiña por obxectivo a comprensión da teoría a través da práctica. Así, o alumnado aprendeu sobre o material xenético e a súa manipulación, realizou extracción de ADN, de PCR, fixo migración en xel de agarosa, clonación de produtos da PCR...recibindo as explicacións necesarias de primeira man e resolvendo todas as dúbidas que foron xurdindo.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Práctica de Bioloxía

Interecambio co alumnado do instituto Helmholtz-Gymnasium de Bonn

O alumnado alemán que realiza o intercambio co noso alumnado de 1º bacharelato, está realizando unha serie de actividades para coñecer mellor Pontevedra e o seu entorno.

O pasado xoves pola mañán fixeron un paseo literario por Pontevedra coa coordinadora dos Clubs de Lectura, Anxos Rial, e leron fragmentos de obras pertencentes a escritores significativos na nosa cidade.

Pola tarde, acudiron ao Museo de Pontevedra acompañados polos profesores Humberto Martínez e José Luis Rodríguez, que actuaron como cicerones, mostrándolles a riqueza cultural que alberga nas súas salas.

O venres 12  viaxaron ata Santiago de Compostela para coñecer esta cidade tan importante, alomenos, no mundo occidental.

O sábado 13 achegáronse ata Vigo, onde subiron ao Monte do Castro e coñeceron o descoñecido vínculo de Julio Verne con esta cidade.

O domingo 14 foi día familiar e así o alumnado alemán coñeceu desde dentro a idiosincrasia dunha familia galega contemporánea.

O luns 15, o profesor Anxo Gómez, profundo coñecedor dos xogos tradicionais galegos, practicou con eles diferentes entretementos. Posteriormente, acudiron ao Concello de Pontevedra, onde foron recibidos polo alcalde da cidade.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Intercambio co instituto Helmholtz-Gymnasium de Bonn

Obradoiro de radio co equipo de Ponte nas Ondas

Como sabedes, este curso somos un centro Ponte nas Ondas e estamos a produndizar no ámbito dos monicreques tradicionais, en concreto, na figura de Barriga Verde. Dende o EDLG, CI e a materia de Oratoria, pretendemos dar a coñecer esta figura mediante programas de radio para o que foi preciso formarnos. Fixémolo con Santiago Beloso, profe de Lgelit xa retirado que nos ensinou como enfrontarnos a esta tarefa: https://www.instagram.com/p/C5q-eweMpzj/?img_index=1

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Obradoiro de radio con Santi Beloso
Distribuir contido


by Dr. Radut