Este luns 15 de abril recibimos a visita de María José Alonso Veloso, catedrática do Departamento de Lengua y Literatura españolas, Teoría de la Literatura y Lingüística General, da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
A profesora deu unha interesante clase maxistral na que explicou ao alumnado de 1º bacharelato o labor que desenvolven os filólogos na salvagarda e integridade dos textos literarios, así como da importancia da transmision fiel da vontade de estilo dos escritores co fin de conservar a pureza do noso patrimonio literario.
Pica na foto para ver o álbum