Skip to Content

Interecambio co alumnado do instituto Helmholtz-Gymnasium de Bonn

O alumnado alemán que realiza o intercambio co noso alumnado de 1º bacharelato, está realizando unha serie de actividades para coñecer mellor Pontevedra e o seu entorno.

O pasado xoves pola mañán fixeron un paseo literario por Pontevedra coa coordinadora dos Clubs de Lectura, Anxos Rial, e leron fragmentos de obras pertencentes a escritores significativos na nosa cidade.

Pola tarde, acudiron ao Museo de Pontevedra acompañados polos profesores Humberto Martínez e José Luis Rodríguez, que actuaron como cicerones, mostrándolles a riqueza cultural que alberga nas súas salas.

O venres 12  viaxaron ata Santiago de Compostela para coñecer esta cidade tan importante, alomenos, no mundo occidental.

O sábado 13 achegáronse ata Vigo, onde subiron ao Monte do Castro e coñeceron o descoñecido vínculo de Julio Verne con esta cidade.

O domingo 14 foi día familiar e así o alumnado alemán coñeceu desde dentro a idiosincrasia dunha familia galega contemporánea.

O luns 15, o profesor Anxo Gómez, profundo coñecedor dos xogos tradicionais galegos, practicou con eles diferentes entretementos. Posteriormente, acudiron ao Concello de Pontevedra, onde foron recibidos polo alcalde da cidade.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Intercambio co instituto Helmholtz-Gymnasium de Bonn


album | by Dr. Radut