Skip to Content

Monólogos do máis alá

O alumnado de Oratoria de 3º ESO visitou o CEP Campolongo o pasado mércores 31 de outubro, colexio ao que moitos se sinten vinculados pois foron alumnos e alumnas anos atrás e do que gardan moitos recordos.

A visita realizouse para representar os "Monólogos do máis alá" ante o alumnado de 6º de Primaria. Estes monólogos están baseados nos contos da obra de Emma Pedreira titulada "A parte dos Anxos". As historias terroríficas que relatou o alumnado de Oratoria, dirixido polas suás profesoras Salomé Díaz e Conchi Díaz, parece que gustaron e asustaron na mesma medida, xa que atenderon con todos os seus sentidos alerta... polo que puidera pasar.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Curso 24/25 -> Monólogos do máis alá

Samaín 2024

Un ano máis, celebramos o Samaín no Sánchez Cantón. O alumnado de 2º TSEASD preparou unha auténtica mansión do terror empregando as instalacións dispoñibles do centro e a súa creatividade.

Todo o alumnado de ESO e 1º bacharelato puido percorrer as diferentes estancias da mansión e berrar de terror vivindo a tenebrosa experiencia. 

Ligazón á publicación de Pontevedraviva

Ligazón á publicación de A Voz de Galicia

Obradoiro de regueifas

 O alumnado de 1º ESO B e C, máis oito alumnos de Proxecto Competencial de 4º ESO, asistiron o pasado martes 29 de novembro ao obradoiro de Regueifa que impartiu Lupe Blanco, gañadora do festival regueifeiro "Espalla rimas" de Carballo.

Gústanos que o noso alumnado manteña o contacto co mundo da regueifa, pois "a regueifa é un arma de construción masiva, pois logra que a xente preste atención", coma di a propia Lupe Blanco.

Álbum: Curso 24/25 -> Obradoiro de regueifas con Lupe

Unha mirada cara ao noso pasado

Dentro do noso proxecto "Unha mirada cara o noso pasado", hoxe saímos ás rúas de Pontevedra para preguntar á xente e nos diferentes locais comerciais sobre os cambios na sociedade local en moda, cosméticos e complementos, pero tamén sobre festas, comida e música popular. 
Ao mesmo tempo disfrutamos dunha agradable mañá soleada.

Xornada de convivencia en 1º ESO

O pasado luns, 28 de outubro, o alumnado de 1º de ESO, desfrutou dunha Xornada  de Convivencia na Illa das Esculturas, organizada polo Equipo de Convivencia de 1º de ESO, Orientación, profesorado e alumnado do TSEASD.

Tivemos moita sorte porque fixo un día precioso e o alumnado de 1º de TSEASD preparou actividades moi divertidas que todos os alumnos e alumnas de 1º de ESO levaron a cabo en equipos.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Curso 24/25 -> Xornada de convivencia en 1º ESO

Charla sobre graffiti

O xoves pasado 24 de outubro, o alumnado de 1º ESO A puido gozar da presentación de Andrés Rodríguez Area, alumno de 2º bacharelato C, graffiteiro no seu tempo de lecer e gran coñecedor deste mundo.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Curso 24/25 -> Charla sobre o graffiti

Eleccións Consello Escolar 2024

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS ÁS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024

A presentación de candidaturas deberá facerse co impreso que figura a continuación, nas oficinas do IES Sánchez Cantón antes do 8 de novembro de 2024.

Horario de oficina: 8:30 - 15:00 horas. 

 

Impreso Alumnado

Impreso Familias

Impreso Persoal Non Docente

Impreso Profesorado

Eleccións ao Consello Escolar 2024

CALENDARIO ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024

Pequeno homenaxe ao alumnado con matrícula de honra na ESO

O pasado venres 18 de outubro, as sete alumnas e alumnos que obtiveron o curso pasado a matrícula de honra en 4º ESO, recibiron un diploma e un pequeno agasallo nun sinxelo acto celebrado no Salón de Actos do CGTD. 

Tras unhas breves palabras do director do IES Sánchez Cantón, Carlos Rodríguez Blanco, e a Xefa de Estudos do CGTD, Carmen Losada Vázquez, a alumna Manuela Alfaro Manovel pronunciou un breve discurso en nome dos homenaxeados: Paula Carballeda Pazó, Carmen Carro Nafría, Jesús Couto Caamaño, Helena López Castrillo,  Fidel López Leal e Daniela Suárez Fernández.

 

 

Visita e obradoiro ao Museo de Pontevedra

O alumnado de 2º bacharelato que cursa a materia optativa de Xeografía, Arte e Patrimonio de Galicia, visitou este venres 18 de outubro, a sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Museo de Pontevedra. Posteriormente, realizaron un obradoiro relacionado con esta parte da materia. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut