O alumnado de Oratoria de 3º ESO visitou o CEP Campolongo o pasado mércores 31 de outubro, colexio ao que moitos se sinten vinculados pois foron alumnos e alumnas anos atrás e do que gardan moitos recordos.
A visita realizouse para representar os "Monólogos do máis alá" ante o alumnado de 6º de Primaria. Estes monólogos están baseados nos contos da obra de Emma Pedreira titulada "A parte dos Anxos". As historias terroríficas que relatou o alumnado de Oratoria, dirixido polas suás profesoras Salomé Díaz e Conchi Díaz, parece que gustaron e asustaron na mesma medida, xa que atenderon con todos os seus sentidos alerta... polo que puidera pasar.
Pica na foto para ver o álbum