O IES Sánchez Cantón foi invitado pola Deputación de Pontevedra o xoves 16 de maio, á lectura de fragmentos da obra de Luisa Villalta para conmemorar o Día das Letras Galegas.
Alí acudiu unha representación de alumnado e profesorado do centro que colaborou na lectura destes textos e no recitado dos poemas da escritora, filóloga e violinista coruñesa homenaxeada este ano 2024.
Pica na foto para ver o álbum