Skip to Content

Coñecendo os segredos de Santiago de Compostela

O pasado martes, 21 de maio, o alumnado de 2º da ESO que cursa a materia de Proxecto Competencial realizou unha excursión a Santiago de Compostela para ver de preto diferentes centros de investigación. 

Pola mañá, foron á Cidade da Cultura e tiveron a oportunidade de visitar o Instituto de Ciencias do Patrimonio onde accederon aos laboratorios e ao Planteario. Por outra banda, tamén coñeceron a Biblioteca e o Arquivo de Galicia. 

Pola tarde, aproveitaron para pasear pola zona monumental da Cidade  e participaron en obradoiros de dialectoloxía e intelixencia artificial aplicada ás linguas no Instituto da Lingua Galega. Xa para rematar, efectuaron percorrido polo patrimonio da Universidade na Biblioteca Xeral e en San Xerome, onde tiveron a oportunidade de ver o Obradoiro dende unha óptica totalmente privilexiada. Un día intenso pero moi produtivo!

Pica na foto para ver o álbum

 

Álbum: Viaxes didácticas -> Coñecendo os segredos de Santiago


album | by Dr. Radut