Observ Igualdade

Portada Observatorio de Igualdade

          

 

 

Rememorando o traballo realizado en Igualdade no curso 2023-2024

Todo o traballo de igualdade e prevención das violencias machistas realizado no centro durante este curso 2023-2024 pódese ver no seguinte vídeo. Tamén se poden ver de xeito máis detallado no Blog CONSTRUINDO IGUAIS NO MELLA.

 

Para este 25 N traballamos a Prevención das Violencias Machistas co noso alumnado

Dende o equipo de Igualdade do centro queremos animar a toda a comunidade educativa a colaborar na prevención da violencia machista entre o voso alumnado, xa que o repunte de violencia na mocidade é alarmante.

Coa intención de contribuir na formación do noso alumnado non so nos contidos teóricos, senón tamén nas boas prácticas, no respecto, a igualdade e a responsabilidade social, facilitámosvos unha serie de ferramentas e actividades para poder traballar co voso alumnado:

 

 

Dende Vicedirección enviarásevos a proposta da tarefa xunto coas propotas do Programa do Concello para a prevención da Violencia Machista "Enlaza Vigo" e ás que podedes acceder dende ESTA LIGAZÓN.

 

As diferentes caras da Violencia Machista

Nesta actividade o alumnado dos ciclos formativos de Imaxe para o Diagnóstico (1ºA) e de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos durante o primeiro trimestre do curso elaboraron unhas infografías onde se analizan i explican as diferentes formas que adoita a violencia de xénero. O resultado....... magnífico!!

 

 

Tamén se acceder aos contidos das infografías na seguinte imaxe interactiva, na cal premendo sobre cada unha das violencias pódense ver cada unha das infografías realizadas polo alumnado. 

  

"Identificando Violencias"

Durante o primeiro trimestre deste curso xa rematado, alumnado dos ciclos formativos de CAE Dual, Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos e Instalacións de Telecomunicacións participou na actividade "Identificando Violencias", onde se visibilizaban situacións que se repiten constatemente ou incluso que están normalizadas, e que sen embargo son verdadeiras situacións de violencia machista.  O resultado pódese ver no seguinte vídeo:

 

Distribuir contido