- ERASMUS+ G. SUPERIOR

programa europeo ERASMUS PLUS

Convocatoria de Xaneiro - Xuño de 2022 de mobilidades Erasmus+ para alumnado de Ciclos Superiores de FP

Convocadas as bolsas de mobilidades ERASMUS+ para a realización de prácticas para facer a FCT en empresas estranxeiras para alumnado de Ciclos Superiores de FP.

Estas mobilidades consisten nunha estadía formativa de dous a tres meses de duración nunha empresa estranxeira durante o presente curso académico 2021-22 (Períodos Xaneiro-Marzo e Abril-Xuño)

O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de outubro inclusive.

 

 

Alumnos de FP de prácticas en empresas europeas co programa Erasmus+

Dous alumnos de Formación Profesional de Grao Superior vanse de Erasmus para iniciar as prácticas de Formación en Centros de Traballo (FCT) en empresas europeas. Alejandro fará prácticas de Saúde Ambiental nunha empresa irlandesa e Jessica fará prácticas de Asistencia á Dirección nunha empresa de Malta.

Este tipo de experiencias de mobilidade son promovidas pola Unión Europea entre os estudantes de Formación Profesional nunha aposta polo desenvolvemento da cidadanía europea e a mellora das competencias persoais e sociais, ademáis das competencias técnicas.

Parabéns e sorte para os dous!

Carta Erasmus de Educación Superior para 2021-2027

Temos unha BOA NOVA EUROPEA: o IES Ricardo Mella obtén a Carta Erasmus de Educación Superior para o periodo 2021-2027. Isto vai permitir que teñamos en todo este periodo actividades de mobilidades de estudantes e de persoal de Educación Superior.

 

Declaración de Política Erasmus (Erasmus Policy Statement, EPS)

 

 

Distribuir contido