Conmemoración do día contra a violencia machista
25N - DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
O próximo 25 de novembro conmemórase o día contra a violencia machista. Un ano máis o equipo de igualdade está a organizar diversas actividades nas que se poña de manifesto o rexeitamento, por parte de toda a comunidade educativa, de toda violencia contra a muller.
Ademais, como en outras ocasións, participaremos nas actividades propostas polo Secretaría de Igualdade do Concello de Vigo no programa "Enlaza Vigo", sendo o lema para este ano "A MOCIDADE VIGUESA CONTRA A ESCALA DA VIOLENCIA DE XÉNERO"
Propoñemos dous retos:
-
Elaborar un slogan contra a "Escala da violencia de xénero na adolescencia"
-
Participar na gravación de dúas lecturas co que despois se montará un vídeo que se proxectará no Hall do Instituto, na web do centro e noutras redes sociais como Instagram, Facebook e o Blogue de Valores de FOL. As lecturas son:
-
"A Historia de Pepa e Pepe"
-
Os relatos do libro "Pesadillas"
Para a elaboración de slogans, a continuación tendes un enlace a un taboleiro no que cada un/unha de vós iredes incorporando a vosa proposta, o voso slogan. Será un traballo colaborativo no que, ao final, con todas as propostas que fagades elaboraremos un panel con todas as vosas achegas para proxectar no hall do noso centro durante toda a semana do 23 ao 27 de novembro, e un cartaz co slogan máis votado por toda a clase para participar na actividade proposta polo Concello. ENLACE AO TABOLEIRO DE SLOGANS
|
ANIMÁDEVOS!!!