Skip to Content
Versión para impresora

DOCUMENTACIÓN IMPORTANTE PARA O INICIO DE CURSO

IMPORTANTE:

Descargade aquí o noso Protocolo COVID e o PLAN DE ACOLLIDA

Carta aberta ás familias do IES Ramón Cabanillas

Queridas familias:

    Poñémonos en contacto convosco para informar das novidades existentes neste momento ao respecto do inicio do curso no noso centro.

    Como vos dixemos nas reunións que mantivemos o luns e o martes, levabamos máis dunha semana nunha situación de incerteza ao non ter comunicación por parte da administración educativa de se era atendida a nosa petición de aumento de profesorado, ou se por contra deberiamos volver modificar os grupos de alumnado establecidos, a adxudicación de aulas e espazos, as titorías e os horarios tanto de profesorado como de cada grupo e nivel.

(Seguir lendo)

ORGANIZACIÓN DO 1º DÍA DE CLASE

     Debido ao adiamento do comezo do curso por parte da Consellería de Educación para os días 23, 24 e 25 de setembro, estas serán as novas datas para a acollida do alumnado deste curso 2020-2021.

     Faise necesario organizar dun xeito especial o primeiro día de curso debido ao cambio de porta de acceso ao centro, así como da ruta que o alumnado debe seguir para chegar á súa aula; deste xeito evitamos aglomeracións e confusións propias da primeira xornada. As quendas serán as seguintes: (tamén podes descargar aquí o documento)

* As listaxes do alumnado repartido por clases serán publicadas o luns 21 de setembro.

ENTREGA DOS ORDENADORES EDIXGAL PARA 1º ESO

Estimadas familias,

A pesar do retraso e falta de organización que arrodean este comezo de curso, totalmente alleos á nosa vontade e fóra da nosa capacidade de actuación, anunciamos que imos manter as reunións coas familias, conforme ó horario publicado máis abaixo nesta páxina web.

O luns 14, ó finalizar a reunión para 1º ESO que comenza ás 16h no Salón de Actos, faremos entrega dos ordenadores Edixgal na biblioteca do centro.

Aquelas familias que non poidan asistir á reunión fixada para o grupo do seu fillo, calquera que sexa o seu curso, poderán acudir a unha reunión extraordinaria que se celebrará o martes 15 ás 19h no Salón de Actos (ata completar aforo).

Reunións de inicio de curso coas familias

Estimadas familias,  
 
Informámosvos que as reunións de inicio de curso, nas que explicaremos as novas normas de funcionamento para este ano, serán no Salón de actos baixo as seguintes normas de seguridade:

- un único asistente por alumno
- uso obrigatorio de máscara e distancia social (1,5m)
- entre reunión e reunión levaranse a cabo labores de limpeza /desinfección e ventilación da sala.

As reunións realizaranse no seguinte horario:
 
    Luns 14
 16:00 (1ºESO)           
 17:30 (2ºESO)
 19:00 (3º ESO)
   Martes 15:
  10:00 (4ºESO)
  11:30 (1ºBacharelato)  
  13:00 (2º Bacharelato)
  
Aquelas familias que non poidan asistir á reunión fixada para o grupo do seu fillo, calquera que sexa o seu curso, poderán acudir a unha reunión extraordinaria que se celebrará o martes 15 ás 19h no Salón de Actos (ata completar aforo).
 
 
Un cordial saúdo.
   O Equipo Directivo

Libros de texto para o curso 20-21

Xa están publicadas as listaxes de libros de texto para os cursos 3º e 4º de ESO, e 1º e 2º de Bacharelato.

Descargádeas nas ligazóns que figuran aquí embaixo:

 

Libros de texto 20-21 para 3º e 4º ESO

Libros de texto 20-21 para 1º e 2º Bacharelato

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E CHEQUES MATERIAL ESCOLAR

As listaxes provisionais de adxudicación do fondo solidario de libros e axudas para material escolar xa se poden consultar no taboleiro do centro.

As reclamacións ás listaxes do fondo solidario de libros poderán presentarse os días 13 e 14 de xullo. As listaxes definitivas con adxudicación concreta de libros publicaranse en setembro.

As reclamacións ou/e correccións de deficiencias nas listaxes de vales de axudas para material poderán presentarse até o 20 de xullo.

 

En Cambados; a 10 de xullo de 2020

A Dirección

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021

(Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinado ao alumnado matriculado en…)

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DO 20/05/2020 AO 19/06/2020

Este ano, de maneira excepcional, a Dirección do centro decidiu poñer as datas de entrega de solicitudes por cursos e por apelidos. Poden ver o calendario destas quendas así como a documentación que hai que entregar, nas páxinas seguintes deste anuncio.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

Tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes. Os impresos de solicitude presencial tamén se poden sacar da aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros (ANEXO I e ANEXO II).

Para acceder ós enlaces das páxinas seguintes, pulsen no título deste anuncio.

Ou tamén poden descargar o texto coa información completa picando aquí.

NOTA IMPORTANTE SOBRE ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2020-2021

-Non se debe confundir a ADMISIÓN coa MATRÍCULA.

-A admisión é só para o alumnado que se queira incorporar ó centro, no próximo curso 2020/21, procedente doutros centros. Reanúdase do 11 ó 18 de maio.

-A matrícula é para todo o alumnado, o de nova incorporación e tamén para o que xa forma parte do IES RAMÓN CABANILLAS. Renóvase curso a curso, tódolos anos.

-O alumnado do centro non ten que realizar a admisión para seguir cursando estudios no IES RAMÓN CABANILLAS, só debe formalizar a matrícula ordinaria no prazo do 1 ao 10 de xullo, quen aprobe todo en xuño.

-A matrícula extraordinaria será do 1 ao 10 de setembro, para o alumnado con asignaturas suspensas en xuño, unha vez realizados os exames de recuperación.

-O alumnado de 1º de ESO procedente do CEIP de Corvillón e máis do CEP Antonio Magariños Pastoriza, xa ten praza adxudicada no centro e só ten que formalizar a matrícula no prazo do 1 ao 10 de xullo.

-No mes de xuño estará exposto o calendario de matrícula por cursos, tanto no Centro como na nosa páxina Web.

REANUDACIÓN DO PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN 2020/21

Este ano de maneira excepcional, prégrase aos administrados, ás familias etc., que concerten cita previa a partir do luns 11 de Maio, chamando ao número: 886 151 913, para evitar posibles concentracións nos centros.

Prégase tamén, que cando se presente no centro para a entrega de documentación, o faga provisto de mascarilla e luvas, polo seu e polo noso ben.

 

NOVOS PRAZOS DO PROCEDEMENTO

 

Prazo de presentación de solicitudes

Do 11 ao 18 de maio
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo Ata o 26 de maio
Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido Antes do 9 de xuño
Reclamacións contra as listaxes provisionais 3 días hábiles desde o día seguinte da súa publicación 
Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido Ata o 26 de xuño
Matrícula: prazo ordinario Do 1 ao 10 de xullo

Matrícula: prazo extraordinario

Do 1 ao 10 de setembro

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut