Skip to Content
Versión para impresora

Visita ó xacemento arqueolóxico e Museo de Pontevedra

O alumnado de 1°A e 1°B da E.S.O. foi de excursión ó Museo de Pontevedra e ó xacemento arqueolóxico do Monte do Castro, situado entre as parroquias de Leiro e Besomaño, para ver os obxectos e restos conservados dos diferentes períodos da Prehistoria.

Crêperie!

A nosa querida Crêperie, conducida por Jérémy, envolveu ao Cabanillas co seu aroma e espertou todos os sentidos do alumnado e profesorado que por alí pasou. 
 
Grazas por tratarnos tan ben! Agardamos á próxima Candeloria para degustar as súas xa famosas crêpes!
 

Concurso de adhesivos dos ENL do Salnés


No concurso de adhesivos dos Equipos de Normalización Lingüística do Salnés obtivo o 1º premio na categoría de Bacharelato un alumno do noso centro, Diego Alonso, de 1º B. Moitos parabéns!

Tedes toda a información no blogue do noso ENL.

http://poetadaraza.blogspot.com/

Premios Stephen Hawking

O traballo "Un mosto, tres lévedos, tres viños" presentado polo alumnado de 2º do Bacharelato STEM foi seleccionado para participar no IV Premio de Investigación Científica Stephen Hawking, que organizan o IES Rosalía de Castro e Abanca.
O fallo deste certame terá lugar o 8 de febreiro en Santiago de Compostela. Desexámoslles toda a sorte ós nosos xoves investigadores e investigadoras nesta competición.

https://www.diariodearousa.com/articulo/o-salnes/investigacion-cabanillas-albarino-finalista-premio-hawking/20200128230102255852.html

Visita á exposición Galicia, un relato no mundo

Coma o alumnado de 1º de Bacharelato este pasado venres, hoxe día 31 tocoulle a 3º ESO visitar a exposición Galicia, un relato no mundo, na Cidade da Cultura de Santiago.

Acompáñanse as visitas cun un paseo guiado polo fascinante casco histórico de Compostela para completar a xornada.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Galería

 

Visita ó castelo de Soutomaior

O mércores 22 de xaneiro, e despois de varios intentos fallidos por causas climatolóxicas, por fin os nosos cativos de 2ºESO poideron visita-lo castelo de Soutomaior. Coñeceron a estrutura arquitectónica do castelo, os xardíns, deixaron conquistado ó persoal do castelo pola súa exquisita actitude. Noraboa, rapaces e rapazas!

Nadal 2019

 

Rematado este intenso trimestre, chegamos ó anceiado día da entrega de notas e a celebración das vacacións do Nadal. Despois dun concurso de postres, outro de postais, actividades no noso pavillón e un pequeno festival no salón de actos, así rematabamos a festiva mañá.

Vídeo

Dende o IES Ramón Cabanillas só nos queda desexarvos moi Bo Nadal!

Volvemos vernos o mércores 8 de xaneiro. Feliz e próspero ano 2020! 

 

 

Actos polo 25N

25 Nov 2019
Etc/GMT+1

Hoxe, 25 de novembro, o noso instituto desenvolveu unha serie de accións para conmemorar este día que nos pesa tanto ter que celebrar.

Alumnado de 2º de ESO desprazouse ó CEIP Magariños para ler e contar contos elixidos para este día. No Cabanillas distribuíronse pulseiras co lema gañador do concurso proposto a tal efecto, "Eu non son propiedade de ninguén", de Laura Oubiña de 2ºESO C

Remataron os actos cun minuto de silencio no pavillón polas vítimas da violencia de xénero no noso país, que suman unha cifra verdadeiramente insoportable.

Nin unha máis.

(Pica no título da noticia para avanzar páxinas e ver máis imaxes)

Recollida para o Banco de Alimentos 2019

22 Nov 2019
Etc/GMT+1

Outro ano máis, a profesora de Relixión, Carmen Noceda, levou ó alumnado de 4ºESO á recollida de produtos para a actual campaña do Banco de Alimentos.

Viaxe á Rioxa do alumnado do STEMBach

21 Nov 2019
24 Nov 2019
Etc/GMT+1

Esta semana o alumnado de 1º e 2º do Bacharelato STEM viaxa á Rioxa para documentarse de cara á elaboración do seu traballo de investigación. O destino da viaxe de estudos é o Instituto de Ciencias de la Vid y el Vino, así como as adegas Cune e Ramón Bilbao.

Pero as imaxes que nos chegan indican que haberá lugar tamén para as visitas culturais, tales coma os mosteiros de Yuso e Suso, San Millán de la Cogolla e Santo Domingo de la Calzada, as catedrais de Burgos e León, unha parada no xacemento de Atapuerca, e prevese a asistencia a unha obra teatral para unha das veladas logroñesas.

Picade no título para avanzar páxinas se queredes ver máis imaxes, que iremos subindo conforme nos vaian chegando.

Distribuir contido


by Dr. Radut