Hoxe, 25 de novembro, o noso instituto desenvolveu unha serie de accións para conmemorar este día que nos pesa tanto ter que celebrar.
Alumnado de 2º de ESO desprazouse ó CEIP Magariños para ler e contar contos elixidos para este día. No Cabanillas distribuíronse pulseiras co lema gañador do concurso proposto a tal efecto, "Eu non son propiedade de ninguén", de Laura Oubiña de 2ºESO C.
Remataron os actos cun minuto de silencio no pavillón polas vítimas da violencia de xénero no noso país, que suman unha cifra verdadeiramente insoportable.
Nin unha máis.
(Pica no título da noticia para avanzar páxinas e ver máis imaxes)