Skip to Content
Versión para impresora

Día do libro

O 23 de abril, para conmemorar o día do libro, o voluntariado da Biblioteca deseñou unha actividade especial para compartir con todo o alumnado do centro. Quixeron levar un pouco da Biblioteca a todas as aulas, así que presentaron as súas recomendacións lectoras a todo o alumnado.

O voluntariado da Biblioteca é un fervedoiro de ideas e proxectos! Pronto vos presentaremos máis.

Admisión Alumnado 2021/2022

ADMISIÓN ALUMNADO 2021/2022

1ºBACHARELATO DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

-Listaxe provicional de admitidos.

Prazo de reclamacións ata o 23 de abril

Calendario de Admisión 2020-2021

ADMISIÓN DE ALUMNOS ESO e BACHARELATO

 CURSO 2021/22

RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS DE ADSCRICIÓN CEP ANTONIO MAGARIÑOS E CORBILLÓN

  -Do 11 de xaneiro ao 8 de FEBREIRO.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE RESERVA DE PRAZA PARA ALUMNOS DOUTROS CENTROS:

  -Do 1 ao 22 de marzo (ambos inclusive).

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE ADMISIÓN (se hai máis solicitudes que prazas vacantes):

  -Do 25 de marzo ao 9 de abril

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS:

  -Até o 25 de abril.

PRAZOS PARA A PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS:

 -5 días hábiles, desde a publicación da listaxe provisional

PUBLICACIÓN DEFINITIVA:

  -Antes do 15 de maio.

RESERVA FORA DE PRAZO

 -Do 23 de marzo ao 18 de maio

FORMALIZACIÓN DE MATRICULA PARA OS ALUMNOS/AS ADMITIDOS/DAS:

 -Do 25 de xuño ao 10 de xullo.

 -Do 1 ao 10 de setembro. 

Para consultar a NORMATIVA RELACIONADA prema aquí

 

Premios de debuxo contra a LGTBIfobia da asociación Arelas

 
As alumnas de 4°ESO Iria Varela e Blanca Fernández fanse co 1° e 2° premio do certame de Ilustración contra a LGTBIfobia, na categoría de maiores de 13 anos convocado pola asociación ARELAS.
Parabéns ás dúas, e tamén a Cristian, profesor do centro, que alentou a participación
Os traballos gañadores están actualmente expostos na entrada do instituto e tamén se poden ver na páxina web da asociación.
 


11 DE FEBREIRO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Este xoves 11 de febreiro celebraremos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia cunha exposición nos corredores do centro dos traballos sobre este tema realizados polo alumnado de 3º da ESO.

Ademais, na Biblioteca poderedes acceder a unha selección de obras arredor desta temática.

Esperamos que as desfrutedes. Vémonos na Biblio!

 

CLUBE DE LECTURA

Este ano, o Club de Lectura do IES Ramón Cabanillas transpórtanos aos lugares máxicos dos nosos libros. Percorreremos distintas xeografías que poremos en común xuntos, a través das nosas lecturas.

Os libros escollidos son os seguintes:

Reckless. Carne de pedra, de Cornelia Funke

Migratoria, de Andrea Fernández Maneiro

A praia dos afogados, de Domingo Villar

 

Viaxamos xuntos nas nosas Xeografías Lectoras.

Entrega dos diplomas do certame de composición para os 21 DÍAS CO GALEGO

A Directora Lorena Amarelle entrega os diplomas á gañadora do certame de composición, Naomi Rey Rey de 4º ESO, pola súa canción "Vento nas velas", é os representantes dos tres proxectos recoñecidos cun accesit polo seu mérito e interese.

Toda a información no blog do Equipo de Dinamización Lingüística.

REPARTO DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

O pasado 13 de novembro saíu publicada unha Orde da consellería na que se recolle o procedemento para o reparto de máscaras gratuítas entre o alumnado de educación secundaria.

Aqueles alumnos/as que foran beneficiarios da axuda para material escolar (50€), non deberán facer ningún trámite, simplemente agardar ao reparto das mesmas, que, previsiblemente, se realizará a primeira semana de decembro.

As familias que non solicitasen a axuda para material, pero que pola contra, puideran ser beneficiarias da mesma, poderán solicitar as máscaras até o día 27 de novembro, para elo, deberán cubrir un impreso que poden recoller na secretaría do centro ou ben descargalo no arquivo adxunto a esta entrada.

Calendario escolar EDLG

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Cabanillas vén de publicar o novo calendario mensual deste curso, para axudar a organizarse semana a semana.

A temática deste ano son os refráns e algunhas notiñas históricas sobre a tradición da viticultura.

Entra no blogue para descargares o calendario deste mes en pdf.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut