Skip to Content

FRANCÉS

Versión para impresora

Semana da francofonía (22 ao 26 de marzo)

Esta semana dedicámola a coñecer un pouco mellor as culturas que compoñen a gran comunidade francófona mundial. Decoramos o noso centro cos traballos do alumnado dos distintos grupos da materia de francés, con receitas, películas, cancións, libros, etc.

O alumnado de 1º da ESO puido desfrutar dunha sesión de cine en francés, coa película “Le Petit Prince”.

O alumnado de 1º da ESO, 4º da ESO e 1º de Bac fixo unha sesión gourmande, probando os macarons, mentres que o alumnado de 2º e 3º da ESO puido desfrutar dunhas estupendas crêpes preparadas por Bea, na nosa caftería.

Ademais, fixemos un gran desfile de disfraces cos cursos de 2º e 3º da ESO que podedes ver na seguinte ligazón ao noso canal de Youtube:

https://youtu.be/3oA8v4uVzSc

 

Vivement le français !

Crêperie!

A nosa querida Crêperie, conducida por Jérémy, envolveu ao Cabanillas co seu aroma e espertou todos os sentidos do alumnado e profesorado que por alí pasou. 
 
Grazas por tratarnos tan ben! Agardamos á próxima Candeloria para degustar as súas xa famosas crêpes!
 

Cinema en francés

 

Desafiando ó mal tempo, o alumnado de Francés do Cabanillas arrancou o xoves 14 cara Vigo para asistir á proxección da película Swagger. A actividade estaba enmarcada dentro do Fiestinema, que organiza anualmente a Alianza Francesa.

Profesorado de Francés

Lucía Enríquez Vilanova - Xefa do Departamento

Bruno Barreiro Felpeto

MERECIDO PASEO POLA PRIMAVERA PARISINA PARA O IES RAMÓN CABANILLAS



París agardaba a primavera e os visitantes envolvéronse co ambiente, que o impregnaba todo. A cidade espertou os sentidos e fixo as delicias dun grupo de alumnado do IES Ramón Cabanillas, de Cambados, que se deixou caer uns días por alí.

A Viaxe Cultural tivo lugar do 25 ao 29 de Marzo, nela participou alumnado de 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato, que se veu invadido polas sensacións que provocaban cada momento e cada desprazamento pola entramada rede de metro parisina. Pasearon ao longo do Sena, vendo os quais e á xente descansando frente ao río; deleitáronse diante das obras do Louvre e da Basílica e arredores do Sacré Coeur, disfrutaron en Eurodisney e contemplaron a beleza da Ópera, admiraron a grandeur do Arco do Triunfo e da Torre Eiffel, percorreron os Campos Elíseos, pasando pola Place de la Concorde, o Centro Pompidou e Notre Dame pra finalizar o percorrido parisino cun inolvidable cruceiro polo Sena ao solpor, onde culminou a experiencia dos sentidos. Un total de 42 persoas fixeron posible esta aventura, que esperamos perdurará especialmente na memoria dos mais novos, cun bo "souvenir", con ganas renovadas de voltar a casa e de repetir algún día a visita á cidade da Luz.

Moitas grazas a tod@s

Teatro de Francés

15 Maio 2012 10:50
15 Maio 2012 13:40
Etc/GMT

Alumnado de 3ºA, 4ºA e 1ºbac que teñen francés.


Auditorio de Vilgarcía

Viaxe a París 2012

A mostra fotográfica da viaxe a París estará exposta na planta baixa durante as próximas semanas. (Información sobre a viaxe a París, aquí)

Distribuir contido


by Dr. Radut