Skip to Content

Blogue da Biblioteca

Versión para impresora

Biblioteca

Xa temos preparada a nova páxina web da Biblioteca!

Pronto actualizaremos con todas as informacións útiles necesarias para disfrutala.

 

 

Enquisa Hora de Ler

Preme aquí para acceder á enquisa da Biblioteca:

https://forms.gle/2nVNnRaGeXAdTZR18

Achégate á Biblioteca

AQUÍ TES O NOSO INSTAGRAM

   

Día do libro

O 23 de abril, para conmemorar o día do libro, o voluntariado da Biblioteca deseñou unha actividade especial para compartir con todo o alumnado do centro. Quixeron levar un pouco da Biblioteca a todas as aulas, así que presentaron as súas recomendacións lectoras a todo o alumnado.

O voluntariado da Biblioteca é un fervedoiro de ideas e proxectos! Pronto vos presentaremos máis.

24 de febreiro. Día de Rosalía

Quixémonos sumar á celebración do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, con varias actividades organizadas polo ENDL en colaboración coa Biblioteca.

Recitando versos na Biblioteca, os cafés con versos na cafetería e coa imaxe de Rosalía acompañándonos no centro. Mesmo Ramón Cabanillas se sumou á nosa celebración!

 

  

Xogos tradicionais

Os recreos destes 21 días co galego están a ser aínda máis amenos ao poder acompañalos cuns xogos tradicionais. Estes días estamos aprendendo, conservando as nosas tradicións e creando xogos novos!

   

11 DE FEBREIRO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Este xoves 11 de febreiro celebraremos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia cunha exposición nos corredores do centro dos traballos sobre este tema realizados polo alumnado de 3º da ESO.

Ademais, na Biblioteca poderedes acceder a unha selección de obras arredor desta temática.

Esperamos que as desfrutedes. Vémonos na Biblio!

 

Novas

Novas da biblioteca

Inauguración da nova Radio do Cabanillas

Neste novo curso, despois das probas levadas en colaboración co CFR de Pontevedra, o equipo da Biblioteca investiu na compra dun equipo para poder elaborar os nosos propios programas de radio, na propia Web do instituto haberá o espacio para os podcast que se creen.

Día do Libro e certames literarios

23 Abr 2019 18:27
Etc/GMT+1

Con motivo do Día do Libro a nosa Biblioteca permanecerá aberta toda a semana, e acollerá diversas actividades para conmemorar esta data. As funcións e actividades habituais da Biblioteca -servizos de préstamo, clube de lectura, sala de estudo- continuarán funcionando segundo o seu horario normal.

Convidámosvos a todos a traspasar este marabilloso pórtico realizado polo Departamento de Educación Plástica e Visual que invita a mergullarse neste fantástico mundo de libros.

Así mesmo, aproveitamos para lembrar que seguen abertos os prazos de presentación de traballos para os certames literarios que organiza o IES Ramón Cabanillas. Podedes preguntar ó profesorado dos Departamentos de Lingua e Literatura Galega e Castelá toda información relativa a estes certames.

Feliz Día do Libro, tódolos días!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut