Queridas familias:
Poñémonos en contacto convosco para informar das novidades existentes neste momento ao respecto do inicio do curso no noso centro.
Como vos dixemos nas reunións que mantivemos o luns e o martes, levabamos máis dunha semana nunha situación de incerteza ao non ter comunicación por parte da administración educativa de se era atendida a nosa petición de aumento de profesorado, ou se por contra deberiamos volver modificar os grupos de alumnado establecidos, a adxudicación de aulas e espazos, as titorías e os horarios tanto de profesorado como de cada grupo e nivel.