Eventos
O mércores 29 de maio, o alumnado de 1º de ESO participou nunha actividade de iniciación de Dragón-Kaiac, unha modalidade perfecta para iniciarse no mundo do piraguismo.
Máis fotos na seguinte ligazón:
“HAIKUS, PALABRAS INGRÁVIDAS PARA UN ALMANAQUE”
O 30 de maio no IES de Porto do Son vivimos un gran día para a lingua e a literatura sonense a través das creacións poéticas do alumnado. Realizamos a entrega dos premios do Certame Literario “Haikus, palabras ingrávidas para un almanaque” en conmemoración de Luísa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024.
O xurado tivo moi difícil a escolla debido á gran calidade literaria dos poemas e indicou que, sen lugar a dúbidas, “Porto do Son é terra de poetas”.
A entrega dos premios das diferentes categorías levouse a cabo na biblioteca durante o segundo recreo.
Moitos parabéns a todas as persoas participantes, finalistas e premiadas!! Felicitacións por tanta orixinalidade e agardamos que a creatividade literaria continúe convosco.
O alumnado do 1º curso do ciclo de guía no medio natural estivo na zona de escalada dos castros de Baroña, poñendo en práctica o aprendido durante o curso.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Os alumnos/as de 3º da ESO reciben unha iniciación a escalada por parte do alumnado do ciclo.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Os alumnos/as de 3º da ESO reciben unha iniciación a escalada por parte do alumnado do ciclo.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Pódese descargar a lista de libros de texto do curso 2024-2025 pulsando AQUÍ ou na imaxe.
Na tarde do venres 7 de xuño, tivo lugar a Graduación do alumnado de 2º de Bacharelato no restaurante Baiuca en Ribeira.
Entre discursos emotivos, outros con pinceladas humorísticas e unhas pezas musicais de piano que amenizaron a celebración, despedimos con todo o cariño a esta promoción de mozos e mozas.
Noraboa!!!
Os alumnos/as de 3º da ESO reciben unha iniciación a escalada por parte do alumnado do ciclo.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Na tarde do luns 17 de xuño, celebrouse no Salón de Actos do IES a Graduación do alumnado de 4º de ESO.
Parabéns a todos!
Pódese descargar e consultar a información relativa á MATRÍCULA NOS CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL pulsando na seguinte IMAXE
INSTRUCCIÓNS XERAIS OFERTA ORDINARIA 2024-2025
(ver o arquivo adxunto)
Os gañadores do Concurso de fotografía, "As Matemáticas na natureza" foron os seguintes en cada categoría:
![](https://www.edu.xunta.gal/centros/iesportoson/system/files/Botana_Ux%C3%ADa_%28A%3Dpixr%5E2%29_3%C2%B0B.jpg)
![](https://www.edu.xunta.gal/centros/iesportoson/system/files/Garc%C3%ADa_Sara_O%20efecto%20das%20%CF%80ngotas_2%C2%BABacharelatoA.jpg)
![](https://www.edu.xunta.gal/centros/iesportoson/system/files/2%C2%BA%20premio_page-0001.jpg)
Despois dunhas tarefas de limpeza, o venres 21, despedimos o curso 2023-2024 cunha Feira Tecnóloxica e Matemática no patio do IES.
A partir das 11:30, tivo lugar a xa mítica carreira de coches hidropropulsados na pista de abaixo, e para rematar, o alumnado asistiu as semi-finais e finais de fútbol coas entregas de medallas no pabellón.
Finalmente, non podíamos despedirnos este curso sen homenaxear a 2 das nosas estrelas do deporte: Lúa Arufe e Noa Romero.
Que disfrutedes todos dunhas vacacións ben merecidas e un bo verán.
Máis fotos AQUÍ
![Events at <em>IES Porto do Son</em> Distribuir contido](/centros/iesportoson/misc/feed.png)