Eventos
Ven | ||
---|---|---|
Start: 03/05/2024 16:57
O mes de maio convidamos o escritor Manuel Núñez Singala ao IES de Porto do Son para manter dous encontros: Un co alumnado de 1º de Bacharelato e outro co de 2º da ESO. Agradecemos a súa presenza no noso centro e a colaboración da Editorial Galaxia. No primeiro encontro Manuel Núñez Singala conversou co alumnado de 1º de Bacharelato sobre a súa novela Camiños na auga.
No segundo encontro, co alumnado de 2º de ESO, o escritor falou sobre a súa obra dramática O achado do castro.
Foi un privilexio para nós poder achegarlles a obra de Singala aos nosos estudantes da man do propio autor. Start: 03/05/2024 17:05
O 3 de maio, o alumnado de FOL do 1º curso do ciclo, tivo unha charla de riscos laborais en materia de prevención e protección nas actividades relacionadas co turismo activo, impartida por Mª Jesús Copa Arias do ISSGA (Instituto de Seguridade e Saúde de Galicia)
|