Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Maio 21, 2024
Start: 21/05/2024 16:53

O alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato asistiu  na mañá do xoves 16 de maio á xornada de portas abertas do CIFP Coroso en Ribeira, onde puideron acceder a diferentes talleres nos que se imparten algúns dos ciclos formativos.

Quizais a algúns deles lles sirva para escoller o seu camiño no futuro...

Start: 21/05/2024 19:26

O tempo dounos unha tregua este luns, e o alumnado de 2º de ESO puido disfrutar dunha andaina por Ribeira sen choiva:

Unha ruta dende o Monte da cidade ao porto de Aguiño, onde recibiron información do castro da Cidade, da zona das mamoas de Pipín, da lagoa de Vixan, da praia de Anquieiro, do castro de Porto de Baixo, do castro dos Pericos, do lavadoiro de Pinisqueira e do muelle fenicio da Cobasa, facendo un percorrido dende a Idade dos metais aos nosos días. 

Máis fotos AQUÍ

Start: 21/05/2024 19:46

Start: 21/05/2024 20:00

É unha honra ter entre nos a unha campioa europea de fútbol sub-17!!!

Os nosos parabéns Lúa!

 

Mércores Maio 22, 2024
Start: 22/05/2024 22:33

O mércores 22 de maio, recibimos a visita do alumnado de 6º de primaria do CEIP Santa Irene, do CEIP Portosín, do CEIP Plurilingüe Sobrado-Nebra, do CEIP de Xuño  e do CEIP Plurilingüe Campanario. Despois dun recibimento no salón de Actos, tiveron a súa primeira toma de contacto co instituto facendo un percorrido polas diferentes instalacións acompañados dalgúns alumnos de 1º de ESO  que fixeron de guías e compartiron con eles as súas experiencias, doutros de 2º de ESO que participaron na presentación do funcionamento da biblioteca e doutros máis maiores de 4º de ESO e 1º de Bacharelato que lles fixeron unha exhibición dalgúns traballos realizados nas aulas de tecnoloxía, maker e polos creativos.

Xoves Maio 23, 2024
Start: 23/05/2024 08:31

Apertura do prazo de participación no Fondo Solidario de Libros de Texto e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2024/25. 

O prazo de presentación de solicitudes comeza o luns 20 de maio de 2024 e remata o día venres 21 de xuño de 2024.

As solicitudes presentaranse por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada ou presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365.

O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada.

 

Start: 23/05/2024 20:33

Este xoves, o alumnado de 2ºESO asistiu á representación de Serafín Marcos sobre Luísa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024.

Venres Maio 24, 2024
Sábado Maio 25, 2024
Start: 25/05/2024 10:26

O venres 24 de maio, realizouse unha xornada de Convivencia co IES Campo de San Alberto de Noia no que o alumnado de 2º de ESO dos dous institutos realizaron unha ruta ata a Praia da Aguieira na que se realizaron xogos e competicións. Remataron a mañá cunha merenda para repoñer forzas...

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesportoson/system/files/WhatsApp%20Image%202024-05-24%20at%2014.00.19%20%282%29.jpeg

Máis fotos AQUÍ

 

Martes Maio 28, 2024
Start: 28/05/2024 12:00
End: 28/05/2024 19:30

O alumnado de 1ºCM do Ies de Porto do Son fai a formación de instalación de equipamentos en altura no ecoparque de marín, onde recibirán formación sobre as técnicas de progresión e a seguridade neste tipo de instalacións.

 

   

 

 

 

 

Start: 28/05/2024 22:06

Os martes 7, 14, 21 e 28 de maio, o alumnado de 4º de ESO participou nun obradoiro no que traballaron a xestión emocional  dende unha intervención da información, da sensibilización e con un traballo algo máis profundo no que se buscaron cambios no alumnado á hora de afrontar unha xestión emocional máis saudable. Todo o traballo a través duhna serie de estratexias que lles faciliten a súa regulación emocional.

Start: 28/05/2024 23:16

O martes 28 de maio, o alumnado de ESO e bacharelato do Club de lectura asistiu a unha actividade conxunta cos clubs de lectura de Rianxo, A Pobra e Ribeira para poñer en común experiencias lectoras.

Realizaron dous roteiros guiados na Illa de Sálvora, visitaron o faro e a aldea e realizaron actividades de socialización despois do xantar na praia.

Venres Maio 31, 2024
Start: 31/05/2024 08:34

O mércores 29 de maio, o alumnado de 1º de ESO participou nunha actividade de iniciación de Dragón-Kaiac, unha modalidade perfecta para iniciarse no mundo do piraguismo.

 

 

Máis fotos na seguinte ligazón:

https://photos.app.goo.gl/p9c3RRcPmWny4p248

Start: 31/05/2024 08:54

“HAIKUS, PALABRAS INGRÁVIDAS PARA UN ALMANAQUE”

O 30 de maio no IES de Porto do Son vivimos un gran día para a lingua e a literatura sonense a través das creacións poéticas do alumnado. Realizamos a entrega dos premios do Certame Literario “Haikus, palabras ingrávidas para un almanaque” en conmemoración de Luísa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024.


O xurado tivo moi difícil a escolla debido á gran calidade literaria dos poemas e indicou que, sen lugar a dúbidas, “Porto do Son é terra de poetas”.
A entrega dos premios das diferentes categorías levouse a cabo na biblioteca durante o segundo recreo.

Moitos parabéns a todas as persoas participantes, finalistas e premiadas!! Felicitacións por tanta orixinalidade e agardamos que a creatividade literaria continúe convosco.

Xoves Xuño 06, 2024
Start: 06/06/2024 13:10
End: 06/06/2024 19:00

O alumnado do 1º curso do ciclo de guía no medio natural estivo na zona de escalada dos castros de Baroña, poñendo en práctica o aprendido durante o curso.

   
   
   

 

 

 

 

 

 

 

Luns Xuño 10, 2024
Start: 10/06/2024 16:20

Os alumnos/as de 3º da ESO reciben unha iniciación a escalada por parte do alumnado do ciclo.

 

   
Martes Xuño 11, 2024

Os alumnos/as de 3º da ESO reciben unha iniciación a escalada por parte do alumnado do ciclo.

 

   
Start: 11/06/2024 09:41

Pódese descargar a lista de libros de texto do curso 2024-2025 pulsando AQUÍ ou na imaxe.

Start: 11/06/2024 10:22

Máis información AQUÍ

Start: 11/06/2024 13:29

Na tarde do venres 7 de xuño, tivo lugar a Graduación do alumnado de 2º de Bacharelato no restaurante Baiuca en Ribeira.

Entre discursos emotivos, outros con pinceladas humorísticas e unhas pezas musicais de piano que amenizaron a celebración, despedimos con todo o cariño a esta promoción de mozos e mozas.

Noraboa!!!

Mércores Xuño 12, 2024
Start: 10/06/2024 16:20
End: 12/06/2024 10:00

Os alumnos/as de 3º da ESO reciben unha iniciación a escalada por parte do alumnado do ciclo.

 

   
Martes Xuño 18, 2024
Start: 18/06/2024 07:31

Na tarde do luns 17 de xuño, celebrouse no Salón de Actos do IES a Graduación do alumnado de 4º de ESO.

Parabéns a todos!

Mércores Xuño 19, 2024
Start: 19/06/2024 08:35

Pódese descargar e consultar a información relativa á MATRÍCULA NOS CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL pulsando na seguinte IMAXE

 

 

INSTRUCCIÓNS XERAIS OFERTA ORDINARIA 2024-2025 

(ver o arquivo adxunto)

 

Start: 19/06/2024 19:56

Os gañadores do Concurso de fotografía, "As Matemáticas na natureza" foron os seguintes en cada categoría:

- 1º ESO - 2º ESO - 3º ESO. 
- 1º premio: Uxía Botana (3º C) coa fotografía  "A=pi+r^2"
-  2º premio: Ana Armental (3º A) coa fotografía "Distribución estocástica das flores no plano"
 
- 4º ESO - 1º BACH - 2º BACH. 
 - 1º premio: Sara García (2º Bach A) coa fotografía "O efecto das πngotas"
  
- 2º premio: Empate entre Carme Santamaría (2º Bach A) coa fotografía "Parábolas paralelas" e  Kristopher Santander (4º ESO C) coa fotografía "O arte matemático existente na natureza"
 
Os premios entregaranse o venres 21.
Distribuir contido


by Dr. Radut