Eventos
No IES Porto do Son celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024 dedicado a LUÍSA VILLALTA por todo o alto.
Levamos a cabo moitas actividades ao longo do mes de maio para poñer en valor o súa gran obra e o seu legado. Realizamos varias exposicións de carteis con mostra da biografía, das obras e da poesía da autora; desfrutamos dun recital poético da man do alumnado e do profesorado; proxectamos nos recreos na entrada do centro varios vídeosclips creados sobre poemas de Villalta; proxectamos documentais e realizamos actividades nas aulas; contamos cun obradoiro de baile tradicional; gozamos coa música e o baile galegos nos recreos. Ademais enchemos o mes das nosas letras cos poemas de Luísa Villalta e do noso alumnado a través do certame poético “Haikus, palavras ingrávidas para un almanaque”.
Consulta aquí as bases do certame literario:
https://etikeles.wordpress.com/
Máis fotos AQUÍ
O alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato asistiu na mañá do xoves 16 de maio á xornada de portas abertas do CIFP Coroso en Ribeira, onde puideron acceder a diferentes talleres nos que se imparten algúns dos ciclos formativos.
Quizais a algúns deles lles sirva para escoller o seu camiño no futuro...
O tempo dounos unha tregua este luns, e o alumnado de 2º de ESO puido disfrutar dunha andaina por Ribeira sen choiva:
Unha ruta dende o Monte da cidade ao porto de Aguiño, onde recibiron información do castro da Cidade, da zona das mamoas de Pipín, da lagoa de Vixan, da praia de Anquieiro, do castro de Porto de Baixo, do castro dos Pericos, do lavadoiro de Pinisqueira e do muelle fenicio da Cobasa, facendo un percorrido dende a Idade dos metais aos nosos días.
Máis fotos AQUÍ
É unha honra ter entre nos a unha campioa europea de fútbol sub-17!!!
Os nosos parabéns Lúa!
O mércores 22 de maio, recibimos a visita do alumnado de 6º de primaria do CEIP Santa Irene, do CEIP Portosín, do CEIP Plurilingüe Sobrado-Nebra, do CEIP de Xuño e do CEIP Plurilingüe Campanario. Despois dun recibimento no salón de Actos, tiveron a súa primeira toma de contacto co instituto facendo un percorrido polas diferentes instalacións acompañados dalgúns alumnos de 1º de ESO que fixeron de guías e compartiron con eles as súas experiencias, doutros de 2º de ESO que participaron na presentación do funcionamento da biblioteca e doutros máis maiores de 4º de ESO e 1º de Bacharelato que lles fixeron unha exhibición dalgúns traballos realizados nas aulas de tecnoloxía, maker e polos creativos.
Apertura do prazo de participación no Fondo Solidario de Libros de Texto e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2024/25.
O prazo de presentación de solicitudes comeza o luns 20 de maio de 2024 e remata o día venres 21 de xuño de 2024.
As solicitudes presentaranse por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada ou presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365.
O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada.
Este xoves, o alumnado de 2ºESO asistiu á representación de Serafín Marcos sobre Luísa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024.
O venres 24 de maio, realizouse unha xornada de Convivencia co IES Campo de San Alberto de Noia no que o alumnado de 2º de ESO dos dous institutos realizaron unha ruta ata a Praia da Aguieira na que se realizaron xogos e competicións. Remataron a mañá cunha merenda para repoñer forzas...
Máis fotos AQUÍ
O alumnado de 1ºCM do Ies de Porto do Son fai a formación de instalación de equipamentos en altura no ecoparque de marín, onde recibirán formación sobre as técnicas de progresión e a seguridade neste tipo de instalacións.
Os martes 7, 14, 21 e 28 de maio, o alumnado de 4º de ESO participou nun obradoiro no que traballaron a xestión emocional dende unha intervención da información, da sensibilización e con un traballo algo máis profundo no que se buscaron cambios no alumnado á hora de afrontar unha xestión emocional máis saudable. Todo o traballo a través duhna serie de estratexias que lles faciliten a súa regulación emocional.
O martes 28 de maio, o alumnado de ESO e bacharelato do Club de lectura asistiu a unha actividade conxunta cos clubs de lectura de Rianxo, A Pobra e Ribeira para poñer en común experiencias lectoras.
Realizaron dous roteiros guiados na Illa de Sálvora, visitaron o faro e a aldea e realizaron actividades de socialización despois do xantar na praia.
O mércores 29 de maio, o alumnado de 1º de ESO participou nunha actividade de iniciación de Dragón-Kaiac, unha modalidade perfecta para iniciarse no mundo do piraguismo.
Máis fotos na seguinte ligazón:
“HAIKUS, PALABRAS INGRÁVIDAS PARA UN ALMANAQUE”
O 30 de maio no IES de Porto do Son vivimos un gran día para a lingua e a literatura sonense a través das creacións poéticas do alumnado. Realizamos a entrega dos premios do Certame Literario “Haikus, palabras ingrávidas para un almanaque” en conmemoración de Luísa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024.
O xurado tivo moi difícil a escolla debido á gran calidade literaria dos poemas e indicou que, sen lugar a dúbidas, “Porto do Son é terra de poetas”.
A entrega dos premios das diferentes categorías levouse a cabo na biblioteca durante o segundo recreo.
Moitos parabéns a todas as persoas participantes, finalistas e premiadas!! Felicitacións por tanta orixinalidade e agardamos que a creatividade literaria continúe convosco.
O alumnado do 1º curso do ciclo de guía no medio natural estivo na zona de escalada dos castros de Baroña, poñendo en práctica o aprendido durante o curso.
Os alumnos/as de 3º da ESO reciben unha iniciación a escalada por parte do alumnado do ciclo.
Os alumnos/as de 3º da ESO reciben unha iniciación a escalada por parte do alumnado do ciclo.
Pódese descargar a lista de libros de texto do curso 2024-2025 pulsando AQUÍ ou na imaxe.
Na tarde do venres 7 de xuño, tivo lugar a Graduación do alumnado de 2º de Bacharelato no restaurante Baiuca en Ribeira.
Entre discursos emotivos, outros con pinceladas humorísticas e unhas pezas musicais de piano que amenizaron a celebración, despedimos con todo o cariño a esta promoción de mozos e mozas.
Noraboa!!!
Os alumnos/as de 3º da ESO reciben unha iniciación a escalada por parte do alumnado do ciclo.