Eventos - Filtro:
Mér | ||
---|---|---|
Achegamos os enlaces ao programa de divulgación científica Da estrela Rosalía ás mulleres astrónomas. É resultado do traballo co alumnado de 3º de ESO D nas materias de Matemáticas e Lingua Galega para conmemorar o Día da Muller e a nena na Ciencia e o Día de Rosalía. Partimos da estrela Rosalía para poñer en valor as mulleres científicas e o uso da lingua galega para comunicar ciencia.
E hoxe, 24 de febreiro, pechamos coa astrónoma galega Antonia Ferrín e co sorriso fachendoso de Rosalía de Castro!
|