Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
11
| 12
all day
O luns pola tarde celebrouse con gran éxito, a primeira das sesións da Escola de Nais e Pais organizada polo CAFI en colaboración co IES de Porto do Son. Dúas psicólogas, Lorena Maneiro e Olalla Cutrín, ofreceron pautas básicas ás nais e pais presentes para afrontar os comportamentos problemáticos dos seus fillos adolescentes. Desde o centro, damos as gracias a todos os asistentes por animarse a asistir e a participar tan activamente na charla. Agardaremos á segunda sesión en marzo. all day
Os Servizos Sociais do Concello do Porto do Son realizaron outro ano máis obradoiros sobre igualdade a nenas e nenos de 4ºESO e 2ºESO PMAR. Nestos obradoiros, danlle a coñecer aos nosos alumnos aspectos relacionados sobre a desigualdade de xénero existente aínda a día de hoxe como os micromachismos, e pautas para que intenten buscar unha sociedade máis xusta. | 13
| 14
| 15
| 16
all day
A semana pasada comezou co San Martiño e rematou co magosto. Música, baile, xogos tradicionais, paella de cogumelos de Antón e, por suposto, castañas quentiñas, que o día estaba frío. Moitas gracias a todo o mundo que colaborou para que a festa saíra tan ben como saiu, persoal de limpeza,profesores, conserxes, ANPA, e especialmente aos alumnos que estiveron traballando toda a mañá para que os seus compañeiros desfrutaran do magosto.
| 17
all day
O alumnado de Ciclo do centro está moi activo nos últimos días. O xoves participaron no I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo en Ourense, e o venres, recibiron a visita dun responsable de FEUGA (Fundación Empresa-Universidade Galega) para informalos da existencia de becas para poder realizar traballos en empresas. |