Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
11
Start: 11/11/2019 18:00
Reunións excursións alumnado. Nais e pais.18:00 Start: 11/11/2019 19:00
Estimadas familias: O luns 11/11/2019, as 19 horas, dentro das actividades e charlas para nais e pais que organizamos coa axuda do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación), estarán no Salón de Actos do IES Porto do Son Olalla Cutrín Mosteiro e Lorena Maneiro Boo (exalumna do IES), doutoras en psicoloxía, para falarvos de "Pautas básicas para xestionar o comportamento problemático n@s fill@s adolescentes" O resumo da súa intervención é este: A adolescencia é un período de cambios e adaptación progresiva aos roles adultos. Neste proceso de maduración, os/as fillos/as poden amosar condutas problemáticas. Nesta charla interactiva trataremos de abordar estes comportamentos e presentar pautas básicas para xestionalos. Falaremos e practicaremos especialmente habilidades de comunicación e de resolución de conflitos para aplicar nas relacións entre nais/pais e fill@s. É de interese para os vosos fillos e fillas que asistades. Moitas grazas.
(Asinade, por favor o recibo desta carta, para ter constancia de que a recibides, e que os vosos fillos e fillas a entreguen aos titores antes do luns a medio día.) | 12
all day
O luns pola tarde celebrouse con gran éxito, a primeira das sesións da Escola de Nais e Pais organizada polo CAFI en colaboración co IES de Porto do Son. Dúas psicólogas, Lorena Maneiro e Olalla Cutrín, ofreceron pautas básicas ás nais e pais presentes para afrontar os comportamentos problemáticos dos seus fillos adolescentes. Desde o centro, damos as gracias a todos os asistentes por animarse a asistir e a participar tan activamente na charla. Agardaremos á segunda sesión en marzo. all day
Os Servizos Sociais do Concello do Porto do Son realizaron outro ano máis obradoiros sobre igualdade a nenas e nenos de 4ºESO e 2ºESO PMAR. Nestos obradoiros, danlle a coñecer aos nosos alumnos aspectos relacionados sobre a desigualdade de xénero existente aínda a día de hoxe como os micromachismos, e pautas para que intenten buscar unha sociedade máis xusta. | 13
| 14
| 15
| 16
all day
A semana pasada comezou co San Martiño e rematou co magosto. Música, baile, xogos tradicionais, paella de cogumelos de Antón e, por suposto, castañas quentiñas, que o día estaba frío. Moitas gracias a todo o mundo que colaborou para que a festa saíra tan ben como saiu, persoal de limpeza,profesores, conserxes, ANPA, e especialmente aos alumnos que estiveron traballando toda a mañá para que os seus compañeiros desfrutaran do magosto.
| 17
all day
O alumnado de Ciclo do centro está moi activo nos últimos días. O xoves participaron no I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo en Ourense, e o venres, recibiron a visita dun responsable de FEUGA (Fundación Empresa-Universidade Galega) para informalos da existencia de becas para poder realizar traballos en empresas. |