Eventos
Ás 12.00, no segundo recreo, celebración do Día das Letras Galegas con baile tradicional.
Estimadas familias:
A miúdo demandades información sobre que facer e como actuar cos fillos na adolescencia: unha escola de nais e pais. No curso pasado viñeron dous doutores en socioloxía da USC.
Este curso organizamos unhas charlas contando coa colaboración da Garda Civil, enmarcadas no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus contornos. Tratarán do consumo de drogas e alcohol e o uso responsable das novas tecnoloxías.
Ademais, queremos convidarvos especialmente á charla titulada: “Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención”; impartida por Olalla Cutrín Mosteiro e Lorena Maneiro Boo (exalumna do noso IES), doutoras en psicoloxía. Olalla fixo a súa investigación para a súa tese doutoral “Parenting practices and problematic behaviour in adolescence: the mediating role of deviant peers” no noso IES, entre outros, durante varios cursos.
Os seus fillos/as asistiron xa a algunha destas charlas. Consideramos que tamén son moi interesantes para os pais e nais. Insistimos en solicitar a súa participación.
Calendario:
Día 20 de maio, ás 18,30h: Novas tecnoloxías
Día 27 de maio, ás 18,30h: Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención
Día 3 de xuño, ás 18,30h: Drogas e alcohol
Actividades de peche de curso (comunicarase o programa).
A xornada remata ás 12.00h, hora de saída dos autobuses.
O alumnado do ciclo realizará actividades de escalada e rapel en Padrón.
Quen ten un mestre etnógrafo? Espectáculo de Serafín Marcos adicado a Antonio Fraguas no marco do Día das Letras Galegas, 2ºESO. Ás 13.00h Salón de actos.
Neste mes das Letras adicado a Antonio Fraguas, o mestre etnógrafo, o ensino mira a Galicia, aos costumes, á paisaxe, ás tradicións, á memoria oral, ao patrimonio, material e inmaterial... E nós, tamén. Un ano máis, celebramos a III Foliada das Letras! Son os alumnos e alumnas quen nos sacan o punto, os que marcan o paso!
Participación activa: entidades do territorio. GALP (Grupo de Acción Literal Costeira) no programa Con-ciencia. alumnado de 2º de ESO. Sostibilidade. Salón de actos.
Comezamos o intercambio co alumnado de Quimper. Do 23 ao 30, un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO acollerá nas súas casas estes mozos e mozas, iniciando así o programa de inmesión lingüística.
O noso alumnado de Francés (ver listaxe na sala de profesorado) non asistirá ás clases:
O 24, de 8.20h a 11.10
O 28 de 8.20 a 14.00
Realizarán actividades no centro e fóra do centro.
"Participación activa: entidades do territorio" foi a última charla que o alumnado de 2º de ESO tivo dentro do Programa Con-Ciencia, iniciativa promovida polo Grupo de Acción Local de Pesca Costa Sostible, Seo de Fisterra-Ría de Muros Noia, e no que colaboran o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, a Asociación de Oceanográfos de Galicia e a Fundación CETMAR (Centro Tecnolóxico do Mar), co respaldo da Consellaría do Mar e o FEMP (Fondo Europeo Marítimo e de Pesca).
Nesta ocasión, a empresaria Janira Somoza, membro da xunta directiva da Asociación de Empresarios de Noia e propietaria dun negocio de restauración, contounos da súa evolución e animou aos alumnos e alumnas a formárense e a seren emprendedores e emprendedoras. Un exemplo a seguir na contorna.
Agora queda a sesión de clausura. O 19 de xuño, unha selección do alumnado encontrarase en Muros cos rapaces e rapazas doustros centros que participaron no programa.
Comezamos o intercambio co alumnado de Quimper. Do 23 ao 30, un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO acollerá nas súas casas estes mozos e mozas, iniciando así o programa de inmesión lingüística.
O noso alumnado de Francés (ver listaxe na sala de profesorado) non asistirá ás clases:
O 24, de 8.20h a 11.10
O 28 de 8.20 a 14.00
Realizarán actividades no centro e fóra do centro.
Ás 19.00h, celebraremos no centro o acto de graduación de 2º de bacharelato. Logo, cea e festa!
Novos camiños por andar!
Comezamos o intercambio co alumnado de Quimper. Do 23 ao 30, un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO acollerá nas súas casas estes mozos e mozas, iniciando así o programa de inmesión lingüística.
O noso alumnado de Francés (ver listaxe na sala de profesorado) non asistirá ás clases:
O 24, de 8.20h a 11.10
O 28 de 8.20 a 14.00
Realizarán actividades no centro e fóra do centro.
Comezamos o intercambio co alumnado de Quimper. Do 23 ao 30, un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO acollerá nas súas casas estes mozos e mozas, iniciando así o programa de inmesión lingüística.
O noso alumnado de Francés (ver listaxe na sala de profesorado) non asistirá ás clases:
O 24, de 8.20h a 11.10
O 28 de 8.20 a 14.00
Realizarán actividades no centro e fóra do centro.
Comezamos o intercambio co alumnado de Quimper. Do 23 ao 30, un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO acollerá nas súas casas estes mozos e mozas, iniciando así o programa de inmesión lingüística.
O noso alumnado de Francés (ver listaxe na sala de profesorado) non asistirá ás clases:
O 24, de 8.20h a 11.10
O 28 de 8.20 a 14.00
Realizarán actividades no centro e fóra do centro.
Con motivo do ANO INTERNACIONAL DA TÁBOA PERIÓDICA 2019, a facultade de Química da USC organizou un concurso de carteis dirixido a alumnado de secundaria. O cartel “ O WOLFRAMIO, O OURO GALEGO”, presentado pola nosa alumna Lara Martínez de 1º de bacharelato B, foi seleccionado entre os 30 finalistas do concurso.
O venres 24 tivo lugar, en dita facultade, a exposición dos carteis e a entrega de premios do concurso, quedando o cartel de Lara en quinto lugar.
Parabéns!
Estimadas familias:
A miúdo demandades información sobre que facer e como actuar cos fillos na adolescencia: unha escola de nais e pais. No curso pasado viñeron dous doutores en socioloxía da USC.
Este curso organizamos unhas charlas contando coa colaboración da Garda Civil, enmarcadas no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus contornos. Tratarán do consumo de drogas e alcohol e o uso responsable das novas tecnoloxías.
Ademais, queremos convidarvos especialmente á charla titulada: “Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención”; impartida por Olalla Cutrín Mosteiro e Lorena Maneiro Boo (exalumna do noso IES), doutoras en psicoloxía. Olalla fixo a súa investigación para a súa tese doutoral “Parenting practices and problematic behaviour in adolescence: the mediating role of deviant peers” no noso IES, entre outros, durante varios cursos.
Os seus fillos/as asistiron xa a algunha destas charlas. Consideramos que tamén son moi interesantes para os pais e nais. Insistimos en solicitar a súa participación.
Calendario:
Día 20 de maio, ás 18,30h: Novas tecnoloxías
Día 27 de maio, ás 18,30h: Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención
Día 3 de xuño, ás 18,30h: Drogas e alcohol
Todas as charlas se celebrarán no Salón de Actos do Instituto. Envíen resposta a través dos seus fillos/as a este escrito na presente semana. Han de comunicar a súa asistencia, ou inasistencia, en cada unha delas. (Cortar pola liña de puntos e entregar as titoras e titores de cada curso.)
Ás 18.30h, no salón de actos, "Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención". Charla impartida polas psicólogas Olalla Cutrín Mosteiro e Lorena Maneiro Boo enmarcada no programa de Escola de Nais e Pais.
Despois dun curso intenso, unha nova promoción pecha a súa etapa no IES de Porto do Son. Forman parte da comunidade educativa que integran os alumnos e alumnas, o profesorado e o persoal non docente que viviu parte da súa vida formativa e laboral no noso centro. O centro son esas persoas. Non os espazos, ou non só. A carón deles, están as vivencias compartidas nestes anos. Bos momentos e momentos difíciles. Todos eles conforman o que son, o que é o centro. Estudo, Entroidos, excursións, celebracións, amizades, amores, risos...
Música para abrir un acto que presentaron, simpáticos e emocionados, Ricardo e Ismael:
Houbo tamén discursos de profes e alumnado que falaron do tempo pasado no centro e dos novos camiños que agora comezan...
...
Recibiron os diplomas que os recoñecen como membros da comunidade do IES de Porto do Son. Como non, o merecido certificado de Matrícula de Honra para Clara Miranda e Adriana Pouso:
Dende o público, a alegría dos convidados, das familias, o profesorado e os compañeiros e compañeiras:
Felices, pecharon tamén cantando. Despois, pinchos na cafetería, charla, fotos de recordo... BOA SORTE!!!
Comezamos o intercambio co alumnado de Quimper. Do 23 ao 30, un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO acollerá nas súas casas estes mozos e mozas, iniciando así o programa de inmesión lingüística.
O noso alumnado de Francés (ver listaxe na sala de profesorado) non asistirá ás clases:
O 24, de 8.20h a 11.10
O 28 de 8.20 a 14.00
Realizarán actividades no centro e fóra do centro.
Este luns, á tardiña, presentamos ás nais e pais dos rapaces que comezan no instituto o próximo curso o noso centro. Falámoslles da organización da nova etapa académica que van cursar os seus fillos e fillas e da nosa liña de traballo, do noso proxecto educativo. E tamén da escola de nais e pais. Aproveitamos esta primeira xuntanza para unha das sesións informativas que, dentro desta actividade formativa, parte do propio centro: Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención, impartida por Olalla Cutrín Mosteiro e Lorena Maneiro Boo (exalumna do noso IES), doutoras en psicoloxía. Olalla fixo a súa investigación para a súa tese doutoral Parenting practices and problematic behaviour in adolescence: the mediating role of deviant peers no noso IES, entre outros, durante varios cursos. As súas conclusións han de sernos, sen dúbida, de moita utilidade. Necesarias.
Ao rematar, mostrámoslles os diferentes espazos do instituto: os corredores coas exposicións dos traballos deste curso, a biblioteca, a aula de xogos, as aulas do proxecto perseveira, a Sala Perseveira, a aula de Espazo Maker, a radio...
Comezamos o intercambio co alumnado de Quimper. Do 23 ao 30, un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO acollerá nas súas casas estes mozos e mozas, iniciando así o programa de inmesión lingüística.
O noso alumnado de Francés (ver listaxe na sala de profesorado) non asistirá ás clases:
O 24, de 8.20h a 11.10
O 28 de 8.20 a 14.00
Realizarán actividades no centro e fóra do centro.
Comezamos o intercambio co alumnado de Quimper. Do 23 ao 30, un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO acollerá nas súas casas estes mozos e mozas, iniciando así o programa de inmesión lingüística.
O noso alumnado de Francés (ver listaxe na sala de profesorado) non asistirá ás clases:
O 24, de 8.20h a 11.10
O 28 de 8.20 a 14.00
Realizarán actividades no centro e fóra do centro.
Chegaron o xoves pasado, despois de 24 horas en autobús!!! Hoxe marchan estes 25 mozos e mozas de Quimper, coas súas profesoras Sandrine e Caroline.
Para o noso alumnado foi unha magnífica experiencia tanto a nivel cultural como humano. Sempre o é. Abrirse a novas culturas e mellorar a competencia no idioma. Eles, o castelán, nós o francés.
O programa foi intenso. Houbo excursións, roteiros, praia... Fixéronse xa amizades!
Pois iso, foi un pracer coñecervos! Vémonos a finais de setembro na Bretaña! Boa viaxe de volta!
Grazas ao departamento de Francés por organizar a actividade
ACTIVIDADE PREVISTA PARA O 9 DE MAIO QUE FORA SUSPENDIDA POLA CLIMATOLOXÍA.
De 9.20h a 18.30h, o alumnado de 1º ESO visitará o Castro de Neixón, mámoas do Barbanza e a aldea de Noceda. Actividade organizada polo departamento de Historia.
En caso de que o tempo non permita facela, suspenderase.
Os días 24 e 25 de abril tivo lugar no noso centro a actividade titulada A Little English Challenge. Esta actividade estivo organizada polo profesor Héctor Agrafojo Blanco, do Departamento de Inglés, e estaba destinada aos grupos cos que traballa este curso: 4º da ESO A-B-C e 1º de Bacharelato A-B. Esta era unha actividade voluntaria para mellorar o nivel de inglés na que os alumnos debían facer un exercicio do seu libro de texto que consistía en dar os seguintes pasos: en primeiro lugar, os estudantes tiñan que buscar en internet e no seu tempo libre información sobre un tema que se lles propoñía. En 4º da ESO, o tema era unha película importante de próxima aparición; en 1º de Bacharelato, tratábase dun movemento que loite por unha boa causa. A continuación, os alumnos tiñan que expoñer oralmente no instituto un resumo da súa busca de información e entregarlle ao profesor unha copia da versión escrita do seu traballo. Neste traballo eran importantes aspectos como a corrección léxica e gramatical e a boa pronunciación.
Finalmente, os mellores alumnos recibiron, a semana pasada, como premio un libro en inglés, que lles regalou o centro. Os gañadores, xunto cos temas que abordaron e os libros que elixiron, foron os seguintes:
Laura Lojo Romero (4º ESO A)
- Tema: Avatar 2
- Libro: The Princess Bride, de William Goldman
Laura Pego Sampedro (4º ESO A)
- Tema: Fast & Furious 10
- Libro: Darkly Dreaming Dexter, de Jeff Lindsay
Clara Tomé Mariño (4º ESO B)
- Tema: Avengers: Endgame
- Libro: Hippie, de Paulo Coelho
Javier Dios Santos (1º de Bacharelato A)
- Tema: The Spanish Association Against Cancer
- Libro: Black Man in a White Coat: A Doctor’s Reflections on Race and Medicine, de Damon Tweedy
Jesús Luis Vázquez Pajares (1º de Bacharelato B)
- Tema: The Palestinian cause
- Libro: Animal Farm, de George Orwell
Desde o instituto felicitamos a estes alumnos polo seu bo traballo nesta actividade e polo seu bo rendemento e comportamento habituais na materia de Inglés. Esperamos, tamén, que no futuro o libro en inglés lles quede como un agradable recordo a estes estudantes do seu paso polo IESON. Grazas e parabéns!
Estimadas familias:
A miúdo demandades información sobre que facer e como actuar cos fillos na adolescencia: unha escola de nais e pais. No curso pasado viñeron dous doutores en socioloxía da USC.
Este curso organizamos unhas charlas contando coa colaboración da Garda Civil, enmarcadas no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus contornos. Tratarán do consumo de drogas e alcohol e o uso responsable das novas tecnoloxías.
Ademais, queremos convidarvos especialmente á charla titulada: “Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención”; impartida por Olalla Cutrín Mosteiro e Lorena Maneiro Boo (exalumna do noso IES), doutoras en psicoloxía. Olalla fixo a súa investigación para a súa tese doutoral “Parenting practices and problematic behaviour in adolescence: the mediating role of deviant peers” no noso IES, entre outros, durante varios cursos.
Os seus fillos/as asistiron xa a algunha destas charlas. Consideramos que tamén son moi interesantes para os pais e nais. Insistimos en solicitar a súa participación.
Calendario:
Día 20 de maio, ás 18,30h: Novas tecnoloxías
Día 27 de maio, ás 18,30h: Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención
Día 3 de xuño, ás 18,30h: Drogas e alcohol
Ás 18.30h, no salón de actos do centro, charla impartida pola Garda Civil para as familias, dentro do Plan Director, sobre os perigos dos hábito de consumo de drogras e alcohol na saúde dos mozos e mozas. Coordinada polo departamento de Orientación e o equipo directivo.
O luns pola tarde, na Casa de CULTURA, os mozos e mozas do grupo de teatro do noso instituto, Son do Son, dirixido pola nosa compañeira Ánxela Doval, estrearon a obra "Non te rallles" para os compañeiros de 3º e 4º d eESO. Trátase dunha adaptación que eles mesmos fixeron do musical americano Be more chill e do cómic do mesmo título. Un rapaz con problemas, un instituto, un chimpo ou pastilla que leva un ordenador cuántico... Ata onde es capaz de chegar para ser popular!!!
Foi un éxito!!!! Ben que rimos! PARABÉNS, pagou a pena o tempo adicado fóra das clases!!!
O venres 31 de maio o alumnado de 1º de ESO, nunha saída de todo o día organizada polo departamento de Xeografía e Historia como complemento ao currículo deste nivel, visitou o Castro de Neixón e as mámoas da serra do Barbanza.
No Castro de Neixón o arqueólogo que dirixe o centro, Víctor Barbeito, impartiulles unha charla e moustrolles un vídeo sobre a prehistoria na serra do Barbanza; logo ensinoulles e comentoulles o castro de Neixón.
Despois de comer, o autobús deixounos no monte Iroite e fixemos unha ruta ata aldea de Balteiro, por onde puidemos ver varias mámoas da necrópole megalítica. Polo camiño, os rapaces situáronse no mapa e localizaron as súas parroquias e algúns outros lugares da península do Barbanza.
De 10.00h a 12.00h, recibimento ao alumnado de 6º de Primaria dos colexios.
Estrea da obra do grupo de teatro do centro, "Non te ralles", na Casa de Cultura do Concello. Asistirán 3º e 4º de ESO. Saída do centro ás 16.40h e regreso ás 17.55h.
Un grupo de alumnos e alumnas de 1º de ESO foron os encargados de explicarlles aos rapaces e rapazas que estudarán no instituto no curso que vén como é o noso centro!!! E fixérono así de ben!
u
Onte á tardiña, na Fundación Rosalía de Castro, Clara Tomé Mariño, de 4º de ESO, e Jesús Vázquez Pajares, de 1º de Bacharaelato, recolleron o galardóns do VII Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, que convocan a Fundación e O Corte Inglés. Nos seus poemas ofrecen unha nova mirada dos cadros de Seoane. Palabra e cor unidos.
Podedes ler máis sobre a Xornada no blog da biblioteca.
As matematicas non fallan. 2 Paises (Italia e Portugal), 3 alumnos do ciclo, 3 meses (15 xuño-15 setembro) ten como resultado EXPERIENCIA UNICA. Proxecto ERASMUS que permite esta formación en canto a contidos do ciclo, formación en autonomía, emocional, social, lingüistica... . Os alumnos seleccionados para estas becas son:
Hector Méndez Meijide
Adrián Paz Rey
Adrián Pérez Gómez
BO ERASMUS!!
DATAS DE MATRÍCULA, DE 09:30 A 13:30:
DÍA 1 > 1º ESO
DÍA 2> 2º ESO
DÍA 3> 3º ESO
DÍA 6> 4º ESO
DÍA 7> 1º BACH
DÍA 8> 2º BACH
ENLACES A DOCUMENTOS PARA A MATRÍCULA
DOCUMENTACIÓN COMÚN PARA BACHARELATO
Documentación a aportar coa matrícula:
- Impreso de matrícula que se proporciona na conserxería do centro ou se pode descargar na páxina web:www.ieson.gal
- Fotocopia do DNI do/a alumno/a.
- Fotocopia do boletín de notas do curso 2019/2020.
- Folla de autorizacións asinada.
- 2 fotografías tamaño carné (co nome do/a alumno/a por detrás).
- 1 sobre americano aberto, sen enderezo e selado Tarifa A.
Ademais:
- O alumnado de nova incorporación ao centro aportará fotocopia da páxina do Libro de Familia onde está rexistrado/a dito/a alumno/a.
- No caso do alumnado procedente doutra comunidade autónoma, debe entregar certificación académica dos estudos realizados.
- O alumnado de 3º e 4º ESO e Bacharelato entregará o xustificante de pago das taxas do Seguro Escolar (1,12 euros que serán aboados na Conserxería do centro, ou no caixeiro da oficina de ABANCA, co número de conta ES12 2080 0312 4430 4000 4100; entregaralle un recibo para presentar no IES).
- Se está de alta no programa Alerta Escolar debe aportar informe médico.
- En caso de divorcio deben aportar a sentenza xudicial.
NOTA: O alumnado que teña algunha materia pendente de examinar para setembro deberá realizar a súa matrícula no mes de setembro.