Eventos - Filtro:
Dom | ||
---|---|---|
Como xa sabedes, un grupo de mozas e mozos que se fan chamar "aqueladores", veñen facendo arranxos varios no centro, sonche ben mañosos, danlle xeito a todo, o mesmo arranxan persianas, que pintan, que poñen cantos nas columnas... E claro, despois do traballo vén o descando. Ana Dapena, a "encargada de obra", coméntanos a xornada:
"O luns 14 de maio, "Os aqueladores" foron de excursión a Santiago de Compostela. Despois de realizar tantos arranxos chegou o seu premio. Visitaron unha sala de escape, onde tiveron que resolver unha chea de enigmas para conseguir sair e conseguiron fuxir sans e salvos. Cun paseíño polas rúas de pedra rematamos esta saída lúdica da que foron ben merecedores."
|