Eventos - Filtro:
Lun | ||
---|---|---|
No IES queremos avanzar cara a unha xestión eficiente que mellore o uso dos recursos e conciencie o alumnado de que o planeta é finito e non se pode malgastar. Debemos consumir só o que precisamos e coidar o que temos. O curso pasado centrámonos, coa axuda dos rapaces e Sabela, Paloma e Raúl -profesorado dos departamentos de Bioloxía, Tecnoloxía e Xeografía e Historia-, en calcular o que contaminaba o centro e tomar medidas para reducir o consumo (sobre todo de electricidade) e as emisións. Durante este curso queremos levar a cabo unha serie de proxectos dirixidos ao mesmo obxectivo: conseguir un centro máis sostible ambientalmente. Para iso, empezamos poñendo en marcha un equipo de alumnos e alumnas que se encarga de facer pequenos arranxos: “Os aqueladores”. O que se pretende é que o alumnado lle dea valor ás cousas e entenda que a cultura de usar e tirar é moi prexudicial para o medio ambiente. Ademais, parécenos importante que coñezan o que custan as cousas e o seu coidado, para que promovan entre os seus compañeiros unha conciencia de colaboración para manter o centro en bo estado. No primeiro trimestre repuxéronse moitos percheiros rotos e pintáronse varias aulas de 1º e 2º da ESO. Moitas grazas a Jonás Romero, Juan Manuel Sanlés, Iván Surik Maneiro, Alba Rodríguez, Sara Pouso, Natalia Cameán, Anahí González, Saray Alboreda, Noelia Iglesias, Pablo Torrado e Jorge Alcalde pola súa colaboración. Todos disfrutamos dun lugar de traballo mellor grazas a eles!
|