Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
6
Start: 06/03/2017 14:25
O próximo 9 de marzo está convocada por diferentes organizacións educativas unha folga xeral do Ensino Público, para continuar na protesta contra da LOMCE, unha lei contra a que levamos máis de cinco anos loitando, que mesmo ten acordos maioritarios de paralización no Congreso dos Deputados, pero que continúa a aplicarse por uns gobernos que non queren escoitar o que a cidadanía dixo na rúa, e tamén nas urnas. A ANPA do IES DE PORTO DO SON, que en ningún momento deixou de denunciar unha normativa como a LOMCE, lesiva para os intereses da nosa mocidade actual e da sociedade futura en xeral, tampouco nesta ocasión ten dúbidas da conveniencia, da actualidade, nin da necesidade de apoiar pública e rotundamente todas as mobilizacións, tamén as do próximo 9 de marzo, que defendan un Ensino Público libre de normativas como a que se denuncia. Do mesmo xeito que continuar dicindo en voz alta e moi clara que as nais e pais do alumnado público galego non queremos a LOMCE, demandamos a súa inmediata derrogación, e non aceptamos un “pacto educativo” no que non está presente toda a comunidade educativa galega, porque para nós, o noso País ten motivacións de abondo como para ter voz propia en calquera normativa que pretenda regular a nosa realidade, a nosa convivencia, a nosa educación e a nosa cultura. Para nós, a defensa dun Ensino Público galego, inclusivo e laico, é a razón fundamental da nosa existencia, e estaremos sempre con todas aquelas persoas e organizacións que defendan con nós eses principios elementais de equidade e respecto mutuo, e loxicamente estaremos en contra de todo aquilo, e de todos aqueles, que os ataque ou os menosprece.
Por iso estaremos o día 9 de marzo nas rúas, e por iso animamos a todas as familias do noso concello a apoiar esta folga, para rematar coa LOMCE, para termos un Ensino Público como o que queremos e merecemos. | 7
Start: 07/03/2017 23:50
O alumnado de 2º de ESO A, tivo o luns 6 de marzo o segundo obradoiro sobre consumo responsable seguindo o programa de Mans Unidas. Insírese dentro da liña de traballo interdisciplinar deste curso (a Auga, extensivo á sostibilidade, o respecto polo entorno, etc.). Esta sesión centrouse na proxección dun documental sobre o "despilfarro" de alimentos, ao que seguiu unha charla-coloquio sobre o mesmo.rPara finalizar, o alumnado realizou unha reflexión sobre as posibles solucións ao problema. A actividade foi organizada polo departamento de Relixión.
| 8
Start: 08/03/2017 21:36
8 de marzo, Día da Muller Traballadora, unha data que nos une, que nos lembra o moito que fica por facer, a invisibilidade, a desigualdade, o maltrato, os machismos... Dende o equipo directivo e o profesorado queremos enviar ao alumnado mensaxes que constrúan a crear un mundo máis xusto, de aí que esta mañá nos teñamos sumado á convocatoria do Global Womens Strike, o Paro Internacional de Mulleres. Das 12:00h ás 12:30h, alumnas e profesoras, mesmo algún profesor e algún alumno, concentrámonos demandando os nosos dereitos.
Esta acción colectiva, viña a sumarse a outras actividades que hoxe desenvolvemos no centro arredor do tema da Muller: a inauguración por parte do equipo de biblioteca da exposición sobre Maruxa Mallo, pintora á que se adica este ano o Día das Artes e a visita do alumnado de 4º de ESO da mostra organizada polo Concello de Porto do Son sobre mulleres científicas dos “Premios María Josefa Wonenburger Planells”.
Podedes ver a entrada completa sobre a exposición no blog da biblioteca O luns, no Club de Lectura, falamos con Susana Sánchez Aríns das súas obras Seique e Aquiltadas e contámolo no blog da biblioteca, onde tamén poderedes ler da actividade do martes, na que o alumnado de Bacharelato e Artes Escénicas asistiu no Coliseo Noela en Noia á representación da obra de Shakespeare Soño dunha noite de verán, interpretada pola compañía Voadora en clave de muller, transgresora e actual.
| 9
| 10
Start: 10/03/2017 00:16
O equipo directivo decidiu agasallar o alumnado de 1º de ESO pola súa implicación na festa de Entroido. O 2016- 2017 é o seu primeiro curso no centro e foi o nivel de maior participación de todo o centro!! Detrás hai esforzo e compañeirismo, valores que merecen o noso recoñecemento. Por iso, o mércores, na hora de titoría, convidámolos a un biscoito especial.
PARABÉNS para todos eles!!! Encantáronnos os seus disfraces e a posta en escena! Por suposto, tamén felicitamos as titoras e as familias que, de seguro, os animaron a participar! Seguro que no próximo Entroido nos volveredes facer disfrutar! Lembrade que podedes ver AQUÍ o vídeo coas imaxes.
| 11
Start: 11/03/2017 11:59
A Voz de Galicia recolle as manifestacións no Barzanza no Día da Muller. Aí estabamos tamén nós:
E nas redes sociais:
| 12
|